22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Proxecto Home quere iniciar varios programas para a inserción laboral


FOTO 06/04/2013 


Proxecto Home Galicia planea poñer en marcha varios programas de reinserción laboral que contribúan a normalizar a vida dos usuarios dos seus centros, unha vez superados os procesos de desintoxicación na asociación que dirixe Ramón Gómez Crespo.

Agrogandería, xardinaría, un albergue de peregrinos e unha escola de equitación en Cernadas son algunhas das liñas que se formulan, e así comunicóuselle aos socios que acudiron á asemblea da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home que se celebrou onte no centro de acollida de Santiago.

A asemblea valorou positivamente as actividades desenvolvidas ao longo do 2012. Aínda a pesar da situación de crise que tamén se deixa notar neste tipo de servizos asistenciais, Proxecto Home incrementouse en 64 socios o ano pasado, ata situarse nos 4.213, a maior parte deles, case 2.000, na provincia da Coruña. A entidade conta para o 2013 cun presuposto de 89.000 euros e os seus directivos confían en obter os recursos necesarios para poñer en marcha os programas de reinserción laboral.

Fonte: La Voz de Galicia



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020