19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Presentación do partido entre Club Ourense Baloncesto e Ford Burgos


FOTO 20/02/2013 


As instalacións de Proxecto Home Ourense acolleron este mércores a presentación do partido que Club Ourense Baloncesto e Ford Burgos disputarán este venres 22 de febreiro ás 21:00 horas no Pazo Paco Paz, correspondente á xornada 19 da Adecco Oro. O devandito acto contou coa presenza do patrón da Fundación Proxecto Home Ourense, Ramón Rivas, o Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, e o Presidente do COB, Roberto Fernández, quen na súa intervención sinalou que: "o Club Ourense Baloncesto está ao servizo de todos os estamentos da sociedade ourensana e neste caso a Proxecto Home ao que dedican este partido no que poderán difundir o traballo que vén realizando dende hai moitos anos dedicado á prevención do consumo de drogas, a rehabilitación e a reinserción social da persoa drogodependente."

Ademais de recadar fondos a través do sorteo de 2 xamóns obsequio da empresa Coren", "polo donativo de 1 euro".

O Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, tras agradecer esta colaboración manifestou que: "dita iniciativa é un grande estímulo na dura loita para todos os que compoñemos a gran familia de Proxecto Home, onde o máis importante non é o económico, que tamén, se non a sensibilidade do Club Ourense Baloncesto ao pensar en nós para poder divulgar o noso traballo á sociedade. Porque isto ten que ser unha porta aberta á esperanza para todos aqueles que o necesiten e que tomen a decisión de apostar por unha vida sen drogas".

Destacar que nos 23 anos de existencia, PROXECTO HOME GALICIA atendeu a 48.000 familias na nosa Comunidade Autónoma.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020