20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



Encontro Xeral de Voluntariado de Proxecto Home Galicia


FOTO 29/09/2012 


Dentro do Programa de Formación Permanente do Voluntariado que ofrece Proxecto Home Galicia ás  persoas que desenvolven a súa actividade voluntaria nos distintos centros, enmarcase esta xornada na que participaron aproximadamente cen persoas.

Celebrouse nas novas instalacións de Proxecto Home Galicia en  Santiago de Compostela. Neste incomparable marco, que  moitos voluntarios tiveron ocasión de visitar por primeira vez, Santiago González Avión, impartiu unha conferencia titulada "Crise e Voluntariado" na que afondou sobre a importancia do labor que fan as persoas voluntarias fronte o individualismo da sociedade actual.

A continuación fixéronse varias dinámicas de grupo e puxéronse en común as conclusións da xornada.

Finalmente, os voluntarios participaron nun xantar compartido.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020