20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



A SD Compostela asina un convenio de colaboración con Proxecto Home


FOTO 26/09/2012 


A SD Compostela, baixo o firme obxetivo de aunar a sociedade de compostela e devolver a ilusión polo fútbol como espectáculo e práctica deportiva, asinou un convenio de colaboración con Proxecto Home.

A entidade branquiazul estivo representada polo presidente, Antonio Quinteiro, o director deportivo Julio Prol e o secretario xeral, José Canedo. Pola banda de Proxecto Home, acodiu o presidente Ramón Gómez Crespo. Este convenio da lugar a varias colaboracions concretas que "se ampliarán en todas as que sexan posibles", aclarou o presidente da Esedé.

O club brindará entradas gratuitas para os partidos do primeiro equipo, feminino e categorías inferiores, ademáis da posibilidade de colaborar nos entrenamentos do conxunto de Terceira División ou xogar algún encontro co equipo de fútbol de Proxecto Home.
 
O director deportivo e psicólogo da Esedé, Julio Prol, destacou a importancia do deporte "como factor de aglutinación e de medio para traballar a autoestima". Pola súa banda, o presidente de Proxecto Home quixo agradecer o clube a súa participación e  destacou que "a SD Compostela se atopa dirixida por un grupo humano que quere facer as cousas ben".



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020