19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Feijóo ensalza a labor de Proxecto Home Galicia

XXI Festa da Solidariedade


FOTO 08/09/2012 


Na Festa da Solidariedade, que cada ano celebra Proxecto Home , e que tivo lugar nas novas dependencias da sua sede central en Santiago de Compostela --auspiciadas pola Fundación Amancio Ortega--, Núñez Feijóo valorou este "impulso rebelde" que "non se limita a protesta", senon que actúa como "imán de solidariedade".

Nun discurso que tivo lugar este sábado ante multitude de veciños de Santiago --"baixo un sol de xustiza", dixo Feijóo--, o presidente do Gobierno galego valorou a "historia de éxito individual e colectiva" que supón Proxecto Home, que nos seus inicios en 1990, enfrentouse a "un monstro invencible" como semellaba a drogodependencia.

Así, alabou que para esta entidade de atención a drogodependentes "unha muller, un home, nunca son un caso perdido", xa que "nunca se agota por completo a súa enerxía".

Neste sentido, o líder do Gobierno galego remarcou que a sociedade galega e "aventaxada" en "producto interior bruto solidario", o que explica a "riqueza de valores" en Galicia.

"O camiño e moi longo e non merece a pena volver atrais", apuntou Feijóo aos drogodependentes galegos nas novas instalacions de Proxecto Home --construidas polo convenio de colaboración entre a Fundación Amancio Ortega e a Fundación Monte do Gozo, valorado en sete millons de euros.

MÁIS DE 48.000 PERSOAS ATENDIDAS
Pola súa parte, o director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, deu as grazas na súa intervención polo esforzo feito a todos os implicados con esta organización e a os que fixeron posible a posta en marcha do novo centro de Santiago.

En concreto, resaltou as máis de 48.000 persoas que foron atendidas nos seus 22 anos de existencia en Galicia, e as máis de 8.000 altas terapéuticas conseguidas neste tempo.

Por iso, mostrou o seu compromiso con "deixar ata o último esforzo no camiño" para seguir cunha "loita diaria" que seguirá, ainda que "os recursos públicos se aminoren".

Previamente, unha moza falou en representación dos afectados que foron atendidos ao longo da existencia desta iniciativa solidaria, quen destacou o esforzo para "sacar as forzas necesarias" para levar a cabo o traballo de rehabilitación como resposta ao "dolor das familias".

BÚSQUEDA DA "DIGNIDADE DA PERSOA"
Pola súa banda, no acto tamén tomou a palabra o alcalde de Santiago, Ángel Currás, quen agradeceu o esforzo de Proxecto Home pola axuda prestada a tantos milleiros de persoas para paliar "o sufrimiento das familias", dunha entidade que considera "algo máis que unha ONG".

Asemade, o arzobispo de Santiago, Julián Barrio, deu palabras de ánimo para que Proxecto Home prosiga na súa loita pola "dignidade da persoa", o tempo que mostrou a colaboración da Igrexa con esta proposta.

O acto tambén acodiron, entre outros, o Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o Presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; ou a Concelleira de Familia, Benestar e Empleo, Paula Prado.

Usuarios e visitantes destacaron as bondades das instalacions deste programa educativo-terapéutico que é Proxecto Home, unha idea solidaria que en Galicia converteuse en realidade en 1990.
O éxito dos seus programas de prevención, tratamento e reinserción na sociedade de persoas drogodependentes é tal que a súa rede de centros foi extendiéndose por toda Galicia ata asentarse nas principais cidades da comunidade.

As cifras que move son abrumadoras, máis de 30.000 usuarios, 46.000 beneficiarios directos, máis de 1.200 voluntarios e 5.000 socios colaboradores. Todos contribuen a que o centro sexa sinónimo de garantía e esperanza.

Fonte: El correo Gallego, La voz de Galicia



Enlace web:
web Galería Fotográfica

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020