20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



A UNIÓN DE HOSTALEIROS DE OURENSE E PROXECTO HOME GALICIA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN


FOTO 07/05/2012 


Unha representación da Xunta Directiva da Unión de Hostaleiros de Ourense e o Director de Proxecto Home Galicia formalizaron está mañá un compromiso de colaboración entre ambas institucións para a realización de distintas actividades de xeito conxunto.

Ao acto, que tivo lugar na sede de Proxecto Home en Ourense, asistiron, por parte da UHO, D. José Miguel Pérez Pérez, Presidente; D. Javier Outomuro Castro, Secretario e D. Miguel Ángel Rodríguez González, Xerente. D. Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia acompañounos nun percorrido polas instalación e, a continuación, mantiveron un encontro informal cos usuarios do Centro.

A primeira destas actividades consistirá na organización e impartición, en breve, dun “Curso de Manipulador de Alimentos” dirixido aos usuarios do Centro de Proxecto Home Galicia.

O Presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense, D. José Miguel Pérez animou aos mozos presentes a continuar loitando e aseguroulles que a organización ourensana facilitaralles, non só formación, senón que tamén terán oportunidades laborais nos distintos establecementos asociados, xa que segundo palabras do directivo “este é un problema tamén noso, non estades sós”. Por último, agradeceu o traballo que Proxecto Home Galicia ven desenvolvendo en Ourense dende hai máis de 15 anos.



.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020