19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Inauguración do Novo Centro de Proxecto Home Galicia en Santiago

Inauguración do Novo Centro de Proxecto Home Galicia en Santiago


FOTO 23/02/2012 


A vicepresidenta da Fundación Amancio Ortega, Flora Pérez Marcote, e o Director Xeral de Proxecto Home Galicia D. Ramón Gómez Crespo, presidiron esta mañá o acto de inauguración da nova sede de Proxecto Home Galicia. Estiveron acompañados no acto polo Sr. Alcalde de Santiago de Compostela D. Gerardo Conde Roa, a Sra. Conselleira de Sanidade, Dª Rocío Mosquera Álvarez a Conselleira de Traballo e Benestar Dª Beatriz Mato Otero en representación da Xunta de Galicia e o Sr. Delegado do Goberno en Galicia, D. Samuel Juárez Casado, así como representantes dos padroados de ambas fundacions. Tras o acto simbólico de entrega de chaves, a Fundación Monte do Gozo fixo entrega da escultura “Home Novo” que simboliza a capacidade de autorrenovación do ser humano. Todas as personalidades fixeron unha visita guiada as distintas dependencias do novo centro, que conta con áreas de terapia ambulatorial, zona residencial, área administrativa, obradoiros e zona deportiva.

As novas instalacións, obra da arquitecto Elsa Urquijo, foron construídas grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Fundación Amancio Ortega e a  Fundación Monte do Gozo, o pasado 15 de setembro de 2010, e en virtude de dito convenio, a Fundación Amancio Ortega financiou a construción e equipamento do novo centro, que ascende a máis de 7 millóns de euros.

O novo centro de Proxecto Home Galicia está ubicado na rúa Cottolengo, número 2, parcela 15B, en Santiago de Compostela. Construído sobre unha parcela de 4.809 metros cadrados, dispón de 2,166 metros cadrados útiles destinados a atención de usuarios, así como as oficinas centrais de Proxecto Home Galicia e a  sede da Fundación Monte do Gozo.

A nova sede disporá dunha estrutura multifuncional que acollerá os seguintes servizos:

I.   Área de terapia ambulatoria.
II.  Área Residencial
III. Área administrativa.
IV. Área de obradoiros.
V.  Áreas deportivas: ximnasio e pistas deportivas.
VI. Zona de xardíns e aparcadoiro.

En 1990 a Fundación Monte do Gozo, promotora de Proxecto Home Galicia, inaugura o seu primeiro centro en Santiago de Compostela. Actualmente está presente en A Coruña, Cernadas do Val do Dubra, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. Este ano 2010 cúmprense 20 anos de traballo integral en Proxecto Home Galicia: con máis de 27.800 usuarios, 42.000 beneficiarios directos aproximadamente; ademais conta cunha rede de máis de 1.100 voluntarios e 4.800 socios colaboradores. Dende a súa creación Proxecto Home favoreceu a máis de 75.500 persoas.

A Fundación Amancio Ortega busca apostar polos valores nas súas diferentes áreas de intervención, o apoiar iniciativas de compromiso solidario que poidan ser referentes sociais e cuxo resultado constitúa un beneficio para toda a sociedade. Por este motivo, a Fundación Amancio Ortega considerou particularmente oportuno impulsar a construción e implantación da nova Sede Central de Proxecto Home Galicia.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020