19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Visita da Secretaria Xeral da Igualdade

Igualdade avalía vías de colaboración cos programas de xénero do Proxecto Home


FOTO 27/01/2012 


A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá a Comunidade Terapéutica do Proxecto Home en Cernadas, Val do Dubra (A Coruña), onde foi recibida polo presidente da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Jesús García Vázquez, e polo director, Ramón Gómez Crespo.

A visita responde ao interese da titular de Igualdade por coñecer en profundidade o modelo de intervención e os diferentes programas educativo-terapéuticos que desenvolve e, nomeadamente, o programa para nais con fillos e fillas menores de 3 anos a cargo e o de igualdade de xénero.

A Comunidade Terapéutica de Cernadas está organizada para facilitar que as mulleres toxicómanas embarazadas ou con fillos ou fillas menores de tres anos poidan compaxinar a súa rehabilitación coa súa responsabilidade como nais, nun espazo que está acondicionado para que as nais e as crianzas convivan sen barreiras para realizar a terapia de rehabilitación. Ademais, Proxecto Home ten presente o enfoque de xénero en todas as súas intervencións, de xeito que o equipo de terapeutas realiza todas as actividades baixo este criterio.

A responsable de Igualdade da Xunta de Galicia destacou o valor cualitativo destes dous programas e anunciou durante a visita o compromiso de avaliar futuras liñas de apoio ao proxecto, vencelladas aos mesmos.

Fonte: igualdade.xunta.es


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020