24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---



PRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO “PRÓXIMA ESTACIÓN”


FOTO 18/01/2012 


O autor da obra é Alberto Dosil e a representación está enmarcada na Xira Benéfica a Favor de Proxecto Home Galicia, levada a cabo pola Escola de Teatro Valle-Innova da Fundación Valle-Inclán.

Xa se teñen levado a cabo varias representacións na Provincia de Pontevedra (Vilanova de Arousa, Catoira, A Illa, Cambados, Ribadumia e Vilagarcía de Arousa).

Esta colaboración é froito do convenio de colaboración asinado o pasado mes de novembro entre a Fundación Valle-Inclán e Proxecto Home Galicia

ARGUMENTO DA OBRA:
 Lola volve a terra da que fuxiu fai anos, por mor da mala vida que seu pai lle facía pasar a ela e a súa nai: malos tratos, insultos e miseria. Ven para suicidarse, na súa derradeira fuxida, xa que o tren que a levou de estación en estación, cada vez ía máis ateigado de malos recordos, de sufrimento e desesperación. Cando chega ó precipicio próximo á que fora a súa casa, topa con Elisa, unha coidadora de ovellas, doce e inocente, pero que irá desvelando a amargura interior por levar unha infancia semellante a de Lola. Os porqués e as respostas cada vez máis duras, van subindo a tensión, mentres que se desvela que a verdadeira vítima da historia se cadra é Elisa, se cadra é Lola ou, en definitiva, quizás ambas rapazas sexan vítimas das súas propias eleccións equivocadas.

Unha obra chea de sorpresas, de xiros inesperados e cunha interpretación cargada de dramatismo e tensión. “Próxima estación” tenta poñer ó espectador entre a espada e a parede: ata que punto somos nós os que vamos na busca das nosas desgrazas?, como podemos saber que as nosas elección son acertadas e se afastan do egoísmo? En definitiva: Somos pasaxeiros ou maquinistas do noso propio tren? Ás veces, as respostas non as descubrimos ata chegar á próxima estación.


Documentación:
doc Cartel do acto (pdf)

.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020