24/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

A OBS Novacaixagalicia certifica a excelencia profesional dunha vintena de ONG galegas

Proxecto Home Galicia obtivo o Selo EFQM de Excelencia na xestión


FOTO 11/05/2011 


Con este recoñecemento a Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia sumase a selecta lista de 20
entidades, incluída empresa privada, que obteñen o Selo EFQM de excelencia na xestión na Comunidade Galega.

O presidente/director recibiu a acreditación nun acto en Santiago presidido por Doña. Beatriz Mato Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e D. Mauro Varela copresidente de Novacaixagalicia.

A Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia foi seleccionada en 2010, xunto a outras 6 entidades galegas, para participar no programa Socialia Calidad da Obra Social de Novacaixagalicia. Durante máis dun ano a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia traballou, co apoio da Obra Social de Novacaixagalicia, para mellorar a súa xestión, revisando as súas formas de actuación, compartindo as boas prácticas e aplicando solucions innovadoras. E todo elo para que as persoas destinatarias das súas accions, reciban mellores atencions e conten con mellores servizos.

A Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia xa obtivera con anterioridade a acreditación de calidade ISO 9001. Coa obtención do selo EFQM (European Foundation for Quality Management), basado nun modelo cuxa misión e apoiar as organizacions en toda Europa para acadar a excelencia na satisfacción ao cliente, a satisfacción dos empregados, o impacto na sociedade e nos resultados de negocios, dan un paso máis no seu compromiso coa calidade dos seus servizos.

A EFQM (European Foundation for Quality Management) foi fundada en 1988 polos presidentes das 14 maiores compañías europeas, co apoio da Comisión Europea. Actualmente son membros desta fundación máis de 600 organizacions, dende multinacionais e importantes compañías nacionais, ata universidades e institutos de investigación.

A Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia traballa por mellorar a calidade de vida das persoas .

O programa Socialia Calidad no que a entidade participou, é unha iniciativa que abrangue as accions e o compromiso de Novacaixagalicia coa mellora e o fortalecemento do Tercer Sector da acción social.




.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020