19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

novas
---

Firma dun convenio

A Consellería de Educación asina un acordo dun programa educativo-terapeútico coa Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia


FOTO 25/10/2010 


O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou hoxe un acordo co presidente da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Ramón Gómez Crespo, en virtude do cal dáse apoio específico á oferta educativa que posibilite unha resposta concreta ás singulares demandas de formación das persoas acollidas neste centro. No encontro entre ambos estivo presente o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal.

Deste modo a Consellería comprométese a dar a prestación que a Fundación demande en función das súas necesidades de cara ás persoas adultas que se acollen ao seu proxecto terapéutico. Así, promoverase a matriculación das mesmas en centros públicos específicos de educación e promoción de adultos que oferte na educación secundaria pola modalidade semipresencial nas catro provincias galegas.

Con nesta iniciativa preténdese potenciar a educación como ferramenta de integración social e de adquisición de hábitos e actividades positivas que favoreza o desenvolvemento e a maduración persoal, contribuíndo ao éxito do proceso terapéutico. A tal fin a Consellería pon a disposición deste proxecto educativo catro profesores que coordinaran o desenvolvemento habitual  as actividades académicas, prestando apoio nos procesos de matrícula, probas de avaliación, ou dando acceso aos programas de adquisición de libros de texto.

Con isto a Consellería volve a demostrar a súa implicación coa ensinanza en todos os niveis e dirixidas para todos aqueles interesados en continuar a súa formación de cara ter maiores oportunidades na sociedade actual.


.

 

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020