...en 2004
 
 
 

Xornada de formación do equipo terapéutico-educativo de Proxecto Home Galicia

21 de Outubro de 2005

Máis de 60 profesionais que conforman o equipo terapéutico-educativo de Proxecto Home Galicia reunironse en Santiago de Compostela para participar nunha xornada de formación, dentro do programa de formación permanente estabrecido para este ano.

Nesta ocasión, Dª. Judit González Núñez, Psicóloga e Coordinadora da Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar disertou durante toda a xornada, sobre a Terapia “Gestalt” e a súa aplicación no traballo que se desenvolve a diario nos nosos centros. Centrou a súa exposición en aspectos xerais desta terapia, introducindo os asistentes neste interesante tema.

A última hora, antes de finaliza-la xornada, Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia, dirixiuse os participantes nesta xornada.


A Directora Xeral de Institucions Penitenciarias, do Ministerio do Interior, Dª. Mercedes Gallizo, visita a Comunidade Intrapenitenciaria de Proxecto Home Galicia, no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar

19 de Outubro de 2005

A Directora Xeral de Institucions Penitenciarias, Dª. Mercedes Gallizo, achegouse a Comunidade Intrapenitenciaria de Proxecto Home Galicia, dentro da visita que fixo oCentro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.

A Directora Xeral, visiblemente impresionada polo traballo que se desenvolve na Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria e pola calurosa acollida que recibiu, animou os reclusos/as a seguir adiante co seu proceso para acada-la súa independencia total o sair do cárcere.

Ofreceu os reclusos/as falar das suas inquietudes e un deles solicitou unha revisión das condicions dos reclusos/as cando teñen que sair do centro para un xuizo ou por outra causa, e os reteñen noutros centros durante un tempo indeterminado, convivindo co resto dos reclusos/as o que supón un risco para o seu proceso de rehabilitación.

Por outra banda, o Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo agradeulle a Directora Xeral a confianza nesta organización para facer o traballo dentro do centro penitenciario e resaltou a eficaz colaboración entre o equipo de funcionarios deste centro e o equipo de profesionais de Proxecto Home Galicia que se ve reflexada nos esperanzadores resultados obtidos ata o momento. Por último, o Director de Proxecto Home Galicia fixolle a Directora Xeral a petición de instalar unha cociña no módulo da Comunidade Intrapenitenciaria, comprometéndose esta cos reclusos/as a incluila nos presupostos do exercicio vindeiro.

Os reclusos/as da Comunidade Intrapenitenciaria despidironse da Directora Xeral entregándolle dous agasallos feitos por eles mesmos e agradeceron a súa presenza e preocupación.


Proxecto Home Galicia, coincidindo co seu XV Aniversario, o 1º Festival Benéfico en Ourense

8 de Outubro de 2005

Máis de 1.000 persoas asistiron en Ourense o 1º Festival Benéfico Proxecto Home Galicia. A solidariedade da sociedade ourensana fixose patente cando o mércores anterior a celebración do acto as entradas estaban esgotadas. O Auditorio Municipal da cidade das “burgas” quedou pequeno e algunhas persoas tiveron que quedar as portas por falta de aforo.

Entre os ourensáns asistentes atopábanse o Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, o Presidente da Deputación de Ourense, o Alcalde de Ourense, a Vicepresidenta 1ª do Parlamento de Galicia, o Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, o Delegado da Consellería da Vicepresidencia e varios alcaldes de localidades veciñas e deputados da Deputación de Ourense. Tamén estivo apoiando este acto dende a primeira fila o Sr. Bispo de Ourense, D. Luis Quinteiro Fiúza.

O locutor da Cadena COPE, Vidal López Álvarez foi o presentador desta gala na que actuaron, desinteresadamente: o Ballet Coppelia, o Grupo Black Soul, a Coral Sobrado do Bispo, o Grupo Etiqueta Negra e, como colofón, a cantante portuguesa afincada en Ourense, María do Ceo.

Este festival benéfico enmarcado no XV Aniversario de Proxecto Home Galicia celebrouse noutras cidades galegas coma Vilagarcía de Arousa, Carballo, Lugo ... e está previsto que se celebre noutras localidades coma Vigo e Santiago de Compostela. A recadación destos festivais destinase, íntegramente, o sostemento dos pisos de apoio de Proxecto Home Galicia para persoas que carecen de familia ou de acompañamento familiar.

D. Luciano Calvo Pumpido, Conselleiro Delegado da conserveira carballesa “Conservas Calvo” imparte na Comunidade Terapéutica de Cernadas (Val do Dubra) un seminario cultural

27 de Setembro de 2005

D. Luciano Calvo Pumpido e, entre outras cousas, Conselleiro Delegado de Conservas Calvo en Carballo (A Coruña), que está presente en máis de 40 países.

D. Luciano visitou a Comunidade Terapéutica en novembro do ano pasado para coñecer de preto a realidade de Proxecto Home Galicia e durante esta visita comprometese a voltar e contarlles os usuarios/as deste centro a súa experiencia nas empresas conserveiras.

Durante a súa exposición fixo un resume da historia desta conserveira, un grupo familiar que, con só medio século de historia, convirteuse nunha das cinco maiores conserveiras do mundo e a marca líder do mercado español de peixe enlatado.

Por suposto, explicou tamén o proceso productivo nunha fábrica de conservas, captando inmediatamente a atención dos presentes.

Unha vez finalizada a súa exposición, puxo a disposición dos usuarios/as deste centro de Proxecto Home Galicia un autobús para que se desprazasen a Carballo a visitar “in situ” a fábrica de conservas.

Conservas Calvo naceu na localidade coruñesa de Carballo, onde Luis Calvo Sanz comezou a fabricar conservas de carne nunha pequena factoría da súa propiedade. Posteriormente pasou a enlatar fabada e finalmente, peixe. Esta empresa sería pioneira no envasado de atún e “yellowfin” en formato redondo e, posteriormente, a bolsa flexible de aluminio. Calvo conta con máis de 3.000 empregados, unha flota propia composta por seis atuneiros, tres “suppliers” e dous “carriers”, e fábricas en varios países do mundo. As suas máis de 100 referencias de productos son froito dun gran esforzo en Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra concede a Proxecto Home Galicia unha mención honorífica no XV aniversario da súa apertura en Galicia

11 de Agosto de 2005

O Pazo Provincial visteuse de gala para acoller o solemne acto polo que a institución rindeu homenaxe a distintas personalidades e entidades. A medalla de ouro provincial foi otorgada a entidade financieira Caixanova. No mesmo acto, a deputación distinguiu tamén as trayectorias doutras cinco persoas e institucions que percibiron «mencions honoríficas»: Proxecto Home Galicia; o ex-ciclista Álvaro Pino; o deseñador Florentino Cacheda; a Asociación Dúos Pontes e as Bodegas Martín Codax. Os prolegómenos e o peche do acto estiveron amenizados pola Banda de Gaitas da Deputación de Pontevedra. A entrada, uns trinta integrantes do colectivo, apostados o longo das escaleiras que dan acceso a pranta nobre do Pazo Provincial, recibían os premiados e invitados. Tras rematalos discursos, os gaiteiros sorprenderon os asistentes o entrar simultaneamente por varias portas.

Deste xeito a máxima institución provincial quixo recoñecer a Proxecto Home Galicia a súa traxectoria na Provincia de Pontevedra dende que o ano 1993 abrira en Vigo un centro para persoas adictas os opiáceos. No ano 2001, Proxecto Home Galicia implantou nesta provincia o Programa de Prevención Escolar “Entre Todos”. No ano 2003 inaugurou un Centro de Acollida Inmediata e, posteriormente, un programa para persoas adictas o alcohol en Pontevedra. O 20 de xullo de 2005, inaugurouse en Vigo un centro pioneiro a nivel galego, o Programa Acougo para toxicómanos diagnosticados con Patoloxía Dual e/ou deterioro cognitivo severo.

Proxecto Home Galicia inaugura en Vigo o primeiro programa en Galicia para toxicómanos diagnosticados con Patoloxía Dual e/ou deterioro cognitivo severo

20 de Xullo de 2005

O centro, que acollerá o Programa “Acougo” para toxicómanos diagnosticados con Patoloxía Dual e/ou deterioro cognitivo severo, é pioneiro na Comunidade Autónoma Galega e prestará atención integrada para mellorar a situación persoal e contribuir a normaliza-la vida dos usuarios/as deste programa.

O inmoble acondicionado para emprazar este programa, financiado coa colaboración económica da Xunta de Galicia (a través da Consellería de Asuntos Sociais), da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo.

O acto de inauguración asistiron o Presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga Iribarne; o Delegado do Gobierno en Galicia, D. Manuel Ameijeiras Vales; o Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal; a Alcaldesa de Vigo, Dª. Corina Porro Martínez; o Conselleiro de Sanidade, D. Xosé Manuel González Álvarez; a Conselleira de Asuntos Sociais, Dª. Belén Prado Sanjurjo; o Sr. Obispo de Tuy-Vigo, D. José Diéguez Reboredo, entre outras autoridades.

A inauguración deste centro supón, para Proxecto Home Galicia, a consumación de varios anos de esforzo, xa que dende o ano 1998 veñense realizando xestions para consegui-lo financiamento preciso para acometer un proxecto tan ambicioso coma este.

O Programa Acougo permitirá atender adecuadamente a un número de persoas cunha problemática moi específica, a Patoloxía Dual e, o mesmo tempo colaborar coas suas familias para soporta-la “carga familiar” dunha situación que se ven cronificando o longo dos anos. Actualmente, un 25% dos usuarios/as de Proxecto Home Galicia presentan, en distintos graos, esta problemática. Este recurso asistencial integrador, facilitará os usuarios/as un marco afectivo-convivencial onde favorecer o traballo en distintas áreas e, así, facilitarlles unha integración socio-laboral satisfactoria.

O centro dispón de 25 prazas residenciais e 20 semiresidenciais, instalacions adecuadas para a realización de talleres, ximnasio e sauna, biblioteca, salón de usos múltiples, etc.


Proxecto Home Galicia firma un convenio coa Fundación Mª José Jove – Fadesa para o acondicionamento do inmueble que acollerá a Comunidade Terapéutica para mulleres xestantes e/ou con fillos ó cargo

7 de Xullo de 2005

O inmoble que acollerá este programa está emprazado na aula esquerda do edificio da actual Comunidade Terapéutica en As Cernadas (Val do Dubra).

A Fundación Mª José Jove – Fadesa financiará as obras de acondicionamento dos dormitorios e a gardería que se destinará a Comunidade Terapéutica para mulleres en estado de xestación e/ou con fillos o cargo que se empezaron en Xullo de 2005. Con Fadesa, sumaronse a esta iniciativa outras empresas que colaborarán de forma desinteresada nas obras de adaptación do centro: Manuel Periscal Barca, Pladur, Calefacciones Simón, Cristalería A'Balsa, Almacenes Pedrouzo, Cerámicas Gala, Garogres, Casa Buades, Pinturas Coruñas, S.C. Diana Forest, Talleres Domínguez, Carpintería Moreira, Industrias González, Moreira y Cía, Aplistone, Aisladaza y Cerámicas Campo.

Este programa será o único en Galicia que atenda a mulleres toxicómanas embarazadas ou con fillos a cargo menores de 3 anos en réximen residencial.

Está previsto que se inaugure este novo programa en decembro de 2005.

A figura de María José Jove estivo sempre vinculada a un compromiso social e unha extraordinaria sensibilidade cara os colectivos menos favorecidos, singularmente cara a infancia. Por ese motivo, tra-la súa desaparición, os máis próximos a ela decidiron manter este compromiso e levalo a práctica, a través dunha fundación que levase o seu nome.

Os obxetivos da Fundación María José Jove, que responden a fins de interés xeral, e particularmente relacionados coa infancia, plasmanse nunha serie de actuacions iniciais, estruturadas en torno a tres grandes áreas de traballo: Área Educativa, Área Cultural e Área Médica.

Xornada de Formación para os voluntarios/as que colaboran en Proxecto Home Galicia

25 de Xuño de 2005

Dentro do Programa Permanente de Formación do Voluntariado que colabora en Proxecto Home Galicia, celebrouse en Vigo unha xornada de formación para todas aquelas persoas que participan desinteresadamente nas actividades que desenvolve Proxecto Home Galicia en tódolos seus centros.

A xornada iniciouse cunha presentación das persoas asistentes, xa que o pertencer a distintos centros moitos non se coñecen, especialmente os que empezaron a colaborar dende a última xornada de formación.

A continuación, Dª. Gabriela Klephs Rotondaro, Psiquiatra e membro do equipo terapéutico de Proxecto Home Galicia faloulles os presentes sobre a Patoloxía Dual, un tema que é demandado polos propios voluntarios, xa que lles preocupa moito a prevalencia que está tendo en tódolos nosos centros.

Logo houbo un tempo de traballo en grupos nos que os asistentes tivieron ocasión de coñecerse máis profundamente e unha posta en común.

Finalizou a xornada cunha comida no propio centro e cunhas palabras de agradecemento e ánimo pola parte do Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo, a estas persoas que solidariamente colaboran cos nosos, cos usuarios/as e coas suas familias.

Seminario Cultural na Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia a cargo do biólogo D. Xulio Maside Rodríguez

21 de Xuño de 2005

A Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia, emprazada no lugar de Cernadas no Val do Dubra acolleu a visita de D. Xulio Maside Rodríguez, que se achegou o noso centro para impartir un seminario cultural sobre un apaixonante tema, a Xenómica.

O doctor Maside introduxo os usuarios/as da Comunidade Terapéutica nesta profunda materia cunha exposición moi sencilla e atractiva que tivo os seus froitos, nas moitas intervencions e cuestions planteadas polos presentes ó acaba-la súa exposición.

D. Xulio Maside é Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Bioloxía, con premio extraordinario, pola Universidade de A Coruña. Durante 7 anos foi investigador no Instituto de Biología Celular, Molecular e Evolutiva da Universidade de Edimburgo (Escocia, Reino Unido) a través do Programa “Marie Curie” da Unión Europea para xoves investigadores. Publicoú o seu traballo, regularmente, nas revistas científicas máis prestixiosas no campo internacional. Dende o ano 2004 traballa na Universidade de Santiago de Compostela dentro do Programa “Ramón y Cajal” para a incorporación de investigadores o sistema universitario español, no Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.