...en 2004
 
 
 

As Altas Terapéuticas de Proxecto Home Galicia reúnense nun restaurante de Santiago de Compostela para celebrar unha comida de confraternidade

19 de Decembro de 2004

Preto de 300 persoas acudiron, en Santiago de Compostela, a cita anual das Altas Terapéuticas que se rehabilitaron en Proxecto Home Galicia dende que esta institución iniciara as súas actividades en xaneiro de 1990.

Este xantar, que se celebra tódolos anos o 3º domingo do mes de decembro, congrega cada ano que pasa a máis persoas que acuden coas suas parellas e fillos para volver a atoparse despois de varios anos con compañeiros cos que compartiron un proceso de rehabilitación e reinsercción, que afortunadamente, finalizou exitosamente.

Os participantes, xa nos postres e despois da alocución do Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo, puxeron en común as súas experiencias e a vivencia desta xornada tan especial.

Cheo total no auditorio de Vilagarcía de Arousa onde se celebrou, por primeira vez, unha Gala Solidaria a favor de Proxecto Home Galicia

18 de Decembro de 2004

O Auditorio de Vilagarcía quedouse demasiado pequeno para acoller a primeira gala de Proxecto Home Galicia a que asistiron cerca de 1.000 persoas. A resposta foi máis que contundente. Nas escaleiras, de pé, agachados... naide quixo faltar a cita coa esperanza e contra un enemigo común: as drogas.

Os presentadores, Manuel Torrente da Televisión de Galicia e Mª Luisa Oliveira da Cadena Ser, daban a benvida a multitude que compartiría tres horas de espectáculo. Os bailes de salón abriron o acto. A veteranía de Cuca e Paco compartiu aplausos coa xuventude das oito parellas chegadas dende a academia “Pasos” de Vigo.

O intre máis agardado chegou, con todo, coa reaparición dos xa míticos “Los Duendes”. Manuel Lassa e compañía, xa con netos entre o público, comparecían despois de case trinta años de silencio.
A ocasión merecíao e “Los Duendes” demostraron que a maxia segue viva. "Fredi Crujer" puxo a nota humorística e a poética "Enrique Brumbéck". Inmediatamente despois a Banda Municipal de Música de Vilagarcía cos seus 80 componentes encima do escenario, convirtiron en solemne este encontro solidario.

A traca final da función chegou cando “Los Duendes” e Banda Municipal interpretaron o unísono “Un canto á miña rula” e “Granada”.

Grazas a sociedade vilagarciana por demostrar, una vez máis, que vale a pena loitar a diario.

Proxecto Home Galicia recibe en Pontevedra o Premio “Las Voces del Año” de La Voz de Galicia

14 de Decembro de 2004

Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia, recolleu en Pontevedra o Premio “Las Voces del Año” outorgado anualmente polo diario La Voz de Galicia.

A entrega de “Las Voces del Año” volveu a constituírse coma un acto con suficiente capacidade de convocatoria como para reunir baixo o mesmo teito a representantes de todolos sectores da sociedade civil galega. Todos eles arroparon os seis premiados nunha gala que serveu tamén para conmemorar-lo cuarto de século que xa acumula a edición local de La Voz en Pontevedra.

A empresa, a política, o deporte, a cultura... destacados membros de todos eses ámbitos compartiron o aplauso as persoas que máis destacaron durante o 2004 nos seus respectivos sectores. Durante a gala de entrega dos galardons no Liceo Casino de Pontevedra, Santiago Rey ensalzou a labor de Proxecto Home na loita «contra a adicción e a morte».

O campeón olímpico David Cal como punta de lanza dun equipo, pero tamén, tal e como destacou o presidente de La Voz, o resultado do «esforzo calado de tantas horas de entrenamento». Son dous exemplos do vigor da sociedade civil galega que, pese a tantos obstáculos, demostra día tras día a súa forza e a súa capacidade de liderazgo e sacrificio. É innegable tamén a traxectoria do Museo de Pontevedra e o Centro de Control do Medio Mariño, tamén premiados en Las Voces de Galicia. A expansión da industria galega recoñeceuse no traballo da Siderúrxica Añón, que xa se atopa entre as máis importantes de España.

A Excma. Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Dª. Belén Prado, fai entrega de diplomas os participantes nos cursos de Formación Ocupacional do ano 2004

9 de Decembro de 2004

A Excma. Sra. Conselleira acercouse a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en As Cernadas, Val do Dubra, para presidir o acto de entrega de diplomas ós participantes nos Cursos de Formación Ocupacional impartidos neste centro.

O longo do ano 2004 realizaronse tres cursos: dous de Axudante de Cociña e un de Albanel, no que participaron 45 alumnos.

A Excma. Sra. Conselleira aproveitou a ocasión para visitar a Comunidade Terapéutica. Percorreu as suas instalacions e coñeceu de preto o traballo que se está desenvolvendo nos distintos sectores deste centro.

D. Ricardo García-Borregón Millán imparte un seminario cultural na Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas (Val do Dubra)

30 de Novembro de 2004

D. Ricardo García-Borregón Millán achegouse a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia para compartir, solidaria e xenerosamente, o seu tempo e os seus coñecementos coas persoas alí ingresadas. O seminario en cuestión tratou sobre "O monte galego: un achegamento o sector forestal".

O relator describiu, minuciosamente, e coa axuda dun elaborado material audiovisual a importancia do monte galego e do sector forestal para Galicia.

Atendeu, pacientemente, as preguntas que os mozos e mozas lle fixeron sobre este interesante tema.

D. Ricardo García-Borregón Millán e Inxeniero de Montes. Na actualidade desenvolve a súa actividade profesional como Director da Empresa PG Galicia e tamén como Presidente Executivo de SILVANUS (Asociación de Silvicultores de Galicia).

Dª. Felipa Jove Santos, Presidenta da Fundación Mª José Jove e Vicepresidenta de FADESA visitou os centros de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela e a Comunidade Terapéutica en As Cernadas, Val do Dubra

25 de Novembro de 2004

Dª. Felipa Jove Santos, Presidenta da Fundación Mª José Jove visitou estos dous centros de Proxecto Home Galicia invitada polo Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo con obxeto de compartir as experiencias das duas institucions e atopar liñas de colaboración entre ambas fundacions.

Primeramente, visitou as instalacions do Centro de Acollida e inmediatamente despois trasladouse a Comunidade Terapéutica donde percorreu os distintos talleres de formación ocupacional, o sector de cultivos no invernadoiro e o aire libre e as distintas dependencias da casa.

Por último, tivo un encontro informal cos residentes do centro e comprometeuse a volver e compartir con eles unha comida.

Aproveitou, tamén, para facerlles chegar as súas impresions do visto nesta visita e transmitiulles a súa solidaridade e que estudiaría as posibilidades de colaboración entre a Fundación Mª José Jove e a Fundación Monte do Gozo.

D. Luciano Calvo, Presidente de Conservas Calvo, e a súa dona, Pilar, visitan a Comunidad Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas (Val do Dubra)

23 de Novembro de 2004

D. Luciano Calvo (Chano Calvo) acompañado da súa muller Pilar, achegaronse ata a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia para coñecer de preto as actividades que esta institución leva a cabo.

A empresa que preside D. Luciano Calvo (Conservas Calvo) leva anos colaborando xenerosamente con Proxecto Home Galicia e quedou gratamente sorprendido das instalacions, organización e ambente da Comunidade Terapéutica.

Tamén se comprometeu cos residentes a voltar para compartir mesa e mantel con eles.

O Excmo. Sr. Conselleiro de Sanidade, D. Xosé Manuel González Álvarez visitou a Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria que xestiona Proxecto Home Galicia no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense)

22 de Novembro de 2004

O Conselleiro chegou ó centro Centro Penitenciario acompañado de D. Manuel Araújo Gallego, Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas na primeira visita que o responsable da Consellería fai a un recurso terapéutico de Proxecto Home Galicia dende o seu nombramento no mes de setembro deste ano.

O Conselleiro visitou tódalas instalacions nas que se empraza a Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria e o longo do seu percorrido tivo varias ocasions de falar cos 40 usuarios/as que, na actualidade, seguen este programa.

Seguidamente, fixo entrega dos Diplomas os reclusos participantes nos Cursos de Formación Ocupacional organizados na Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria.

O Conselleiro valorou moi positivamente o esforzo que se está a facer no Centro Penitenciario cun programa pioneiro na nosa comunidade autónoma e que está obtendo uns resultados altamente esperanzadores.

I Aniversario do Centro de Proxecto Home Galicia en Pontevedra

13 de Novembro de 2004

Ainda que a súa apertura foi exactamente fai un ano, o centro de Proxecto Home Galicia en Pontevedra viveu onte o seu bautismo oficial, coa presenza das principais autoridades locais e provinciais.

O Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo, suliñou que en doce meses na sede, que leva por nome “O Meu Lar”, converteuse nunha «casa de vida», dende a cal «moitas persoas están retomando o pulso da súa vida e formando unha sociedade de esperanza».

En doce meses, un total de 108 persoas pasaron por este centro, sito na rúa Joaquín Costa 64 e con capacidade para 35 plazas residenciais (que son utilizadas por aquelas persoas que carezan de apoio familiar). De elas, un total de 63 foron derivadas os programas de rehabilitación e reinserción social que Proxecto Home desenvolve no seu centro de Vigo -no de Pontevedra sólo funcionan, de momento, os de estabilización e diagnose-, mentras que os restantes foron tratados pola súa adicción o alcoholismo.

Pola tarde, celebrouse o "magosto", o que acudiron voluntarios e familiares dos residentes, e no que houbo un ambente moi festivo, como merecía a ocasión.

Entrega de Diplomas do Curso de Iniciación a Informática impartido na Aula de Informática “Florencio Álvarez-Mª Teresa Esteban” de Proxecto Home Galicia en Ourense

28 de Outubro de 2004

Os alumnos/as participantes no Curso de Iniciación á Informática, patrocinado pola Fundación Florencio Álvarez-Mª Teresa Esteban recibiron de mans do Secretario da Fundación, D. Marco Antonio Vázquez Álvarez e do Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo os diplomas que acreditan a participación e aproveitamento no devantido curso.

Os/as alumnos/as participantes fixeron, cada un, unha pequena demostración do traballo realizado o longo do curso, do que se obtiveron uns resultados moi positivos.

D. Xosé Manuel Beiras Torrado imparte un seminario cultural na Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas, Val do Dubra

26 de outubro de 2004

Co tema elixido por D. Xosé Manuel Beiras, “Os problemas sociais e o Estado do Benestar”, os/as usuarios/as da ComunidadeTerapéutica de Proxecto Home Galicia foron correspondidos pola expectación que despertou entre eles o seminario que ia a impartir un personaxe tan significativo no ámbito da política no noso país.

Co seu estilo directo e moi didáctico, D. Xosé Manuel provocu nos mozos e mozas que estaban ecoitando innumerables preguntas que non dudaron en expoñer.

D. Xosé Manuel Beiras Torrado é Catedrático de Estrutura Económica da Universidade de Santiago de Compostela, Deputado e portavoz no Parlamento de Galicia do "Bloque Nacionalista Galego" e Presidente do Consello Nacional do BNG.

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, firma o convenio anual coa Fundación Monte do Gozo para colaborar nas actividades de Proxecto Home Galicia nesta provincia

18 de Outubro de 2004

O Excmo. Sr. Presidente da Diputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal e o Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo, firmaron o convenio de colaboración para o ano 2004.

A Deputación de Pontevedra colabora anualmente cunha aportación de 36.000,00 € nas actividades que Proxecto Home Galicia desenvolve na provincia de Pontevedra.

A Excma. Sra. Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Dª Belén Prado, visita o Centro de Proxecto Home Galicia en Vigo e fai entrega dos diplomas os participantes dos Cursos de Formación Ocupacional

15 de Setembro de 2004

A Sra. Conselleira chegou acompañada do Director Xeral de Formación e Colocación, D. Odilo Martiñá e del Delegado d a Consellería en Pontevedra, D. Joaquín Macías Sánchez.

Despois de percorrer as instalacions, prestando especial atención o edificio que se está a rehabilitar e que acollerá o “Programa Acougo” para usuarios/as diagnosticados coa Patoloxía Dual, xa que esta consellería financiou unha parte destas obras, a Conselleira procedeu a entrega de Diplomas acreditativos de participación nos Cursos de Formación Ocupacional nas especialidades de Iniciación a Soldadura e Pintor.

A Conselleira animou os participantes nestos cursos a coidar a súa formación profesional de cara a sua reincorporación o mercado laboral xa que este é un dos aspectos fundamentais no seu proceso de rehabilitación.

Visita a Proxecto Home do Delegado do Goberno en Galicia

14 de Setembro de 2004

O novo Delegado do Gobierno en Galicia, D. Manuel Ameijeiras Vales, visitou, o pasado 14 de setembro, o Centro de Acollida de Santiago de Compostela e a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia.

No Centro de Acollida, despois de visita-las instalacions, reuniuse cos usuarios/as e as familias no salón de actos, onde se centrou en explica-los motivos da sua visita e permitiu os presentes que lle formularan as preguntas que considerasen oportunas.

Na Comunidade Terapéutica realizou un percorrido polas instalacions mostrando especial interese polo centro de técnicas agrarias e os invernadoiros adxacentes, así como polas actividades formativas en xeral. Seguidamente, mantivo un encontro informal cos residentes, cos que compartiu as suas impresions a cerca da visita e os residentes preguntaronlle, especialmente, sobre temas relacionados coa responsabilidade pública que desenvolve.

Para finaliza-la visita, compartiu “mesa e mantel” cos residentes que despregaron tódalas suas habilidades culinarias, o tempo que se estaba impartindo un curso de Axudante de Cociña na Comunidade Terapéutica.

XIII Festa de Solidariedade

11 de Setembro de 2004

Coincidindo coa celebración do Ano Santo, celebrouse en Santiago de Compostela o pasado 11 de setembro a XIII Festa de Solidariedade organizada pola Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia.

O programa deste ano, ademáis da tradicional romaxe campestre, incluiu unha peregrinación dende o Monte do Gozo e unha misa na Catedral de Santiago de Compostela, onde o Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo realizou a ofrenda o Apóstol Santiago.

A medio camiño entre o Monte do Gozo e a Catedral de Santiago esperou o Excmo. Alcalde de Santiago, D. Xosé Manuel Sánchez Bugallo, os máis de 1.500 peregrinos e nun acto moi emotivo descubriu o pé da Porta de Europa, por onde discurre o antiguo Camiño de Santiago, unha placa conmemorativa da ocasión, que perdurará para sempre o paso dos peregrinos que se acheguen a Santiago.

Por outra banda, un grupo de 25 usuarios/as do centro de Vigo fixeron a súa particular peregrinación, recorrendo en 3 días a distancia que separa a cidade olívica de Santiago de Compostela (aproximadamente 90 kms.), a través da Ruta da Plata.
Tampouco quixo faltar a esta cita o Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas, D. Manuel Araújo Gallego que peregrinou, coma un máis ata a Catedral compostelana.

Xa na emblemática Plaza do Obradoiro, antes de gañar o xubileo, fixose un pequeno acto no que se soltaron máis de 1.500 globos, representando a cada unha das altas terapéuticas do noso programa.

O xantar e o fin de festa amenizados, coma sempre, polos inigualables artistas dos distintos centros de Proxecto Home Galicia congregou a preto de 3.000 personas.

Clausura no centro de Pontevedra do primero Curso de Formación Ocupacional

1 de Setembro de 2004

O pasado 1 de setembro clausurouse no Centro de Proxecto Home Galicia en Pontevedra, o primero curso de Formación Ocupacional celebrado dende a súa apertura o pasado mes de novembro de 2003.

Neste curso participaron 15 alumnos/as e foi cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

A especialidade impartida foi a de Axudante de Cociña e a duración de, aproximadamente, tres meses.

A valoración foi moi positiva. Os participantes e os docentes, así como a dirección do centro concluíron que esta experiencia facilitará, no seu momento, o proceso de inserción laboral dos usuarios/as, ademáis do compoñente educativo e formativo que conleva a realización dunha experiencia deste tipo.

Para o día da clausura na que ademáis estiveron presentes máis de trinta voluntarios deste centro, os participantes neste curso prepararon unha degustación dos platos que máis aceptación tiveron e nos que, por suposto, puxeron “toda a carne no asador” para compracer os seus invitados.

Firma dun convenio coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para acomete-la segunda fase de reconstrucción dun edificio que acollerá un programa dirixido a toxicómanos diagnosticados con Patoloxía Dual e que será pioneiro en Galicia

10 de Xuño de 2004

O Excmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abad, acompañado da Excma. Alcaldesa do Concello de Vigo, Dª. Corina Porro Martínez, desprazouse o centro de Proxecto Home Galicia en Vigo co obxeto de asinar un convenio de colaboración con esta entidade para financiar a segunda fase de restauración do edificio que acollerá o Programa “Acougo” para toxicómanos diagnosticados con Patoloxía Dual.

O importe deste convenio ascende a un total de 120.202,42 €, e servirá, como se apuntaba anteriormente, para acomete-la segunda fase da restauración do inmoble, iniciada na súa primeira fase no ano 2002 grazas a un convenio asinado coa Consellería de Asuntos Sociais, cando a agora alcaldesa de Vigo era titular desta consellería, por un importe similar o da Deputación de Pontevedra. Para poñer en marcha o programa e completar deste xeito as obras do edificio, quedan pendentes as duas últimas fases do proxecto que ascenden a 270.455,44 €.

A apertura do programa “Acougo” permitirá dispoñer dun total de 45 prazas, das que 20 serán de carácter residencial e as 25 restantes serán de carácter semi-residencial.

O Programa “Acougo” para toxicómanos diagnosticados con Patoloxía Dual, será pioneiro na Comunidade Autónoma Galega e está destinado a aqueles usuarios que, ademáis de problemas derivados da súa adicción, teñan asociados problemas de carácter psicolóxico e/ou psiquiátrico e que non lles permite acadar unha plena reinserción social ou completar un proceso de rehabilitación satisfactorio e que precisan unha abordaxe específica da súa problemática.

Reunión de Formación Permanente do Voluntariado de Proxecto Home Galicia e peche das actividades do curso 2003/2004

29 de Maio de 2004

Como é tradicional por estas datas, convocouse o pasado 29 de maio a reunión de peche do curso 2003/2004 do Voluntariado que colabora nos distintos centros de Proxecto Home Galicia na Comunidad Terapéutica.

A esta xornada de formación asistiron preto de duascentas cincuenta persoas entre voluntarios/as, terapeutas…

Durante a xornada matinal o Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo presentou os voluntarios unha información detallada das actividades desenvoltas o longo do curso e dos retos que nun futuro próximo se van acometer.

Despois da variada e apetitosa comida que prepararon os residentes deste centro coa colaboración de Rafa e Pepe, profesores da Escola de Hostelería de Santiago, os asistentes a reunión percorreron as instalacions da Comunidade Terapéutica e deuse por rematada a xornada.

Visita da Comisión Non Permanente Especial de Estudo e Loita contra o Narcotráfico en Galicia, do Parlamento de Galicia

24 de Maio de 2004

Os compoñentes desta Comisión Parlamentaria encabezados pola súa presidenta Dª. Beatriz González Loroño, visitaron as instalacions do Centro de Proxecto Home Galicia en Vigo o pasado 24 de maio.

Fai uns meses esta misma Comisión visitou a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela e despois desta visita convocou a D. Ramón Gómez Crespo, Presidente de Proxecto Home Galicia no Parlamento de Galicia para que informase polo miudo do traballo que esta entidade fai na actualidade.

Durante esta visita os integrantes da comisión quedaron gratamente sorprendidos polas instalacions, polas actividades que se fan e pola acollida das familias e os usuarios alí presentes.

Antes de rematar a visita, tiveron ocasión de departir durante uns minutos coas familias e os usuarios nun ambiente moi distendido. Os comisionados ofreceron a súa visión e as familias e usuarios as súas inquietudes.

Proxecto Home Galicia galardonado co Premio Galego do Ano da Comarca de Bergantiños

14 de Maio de 2004

O pasado 14 de maio, o Excmo. Sr. Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, D. José Mª. Hernández Cochón que presidiu o acto de entrega dos galardons, entregou a D. Ramón Gómez Crespo, Presidente de Proxecto Home Galicia o premio Galego do Ano.

Na mesa presidencial estiveron tamén o Excmo. Sr. Presidente da Deputación da Coruña, D. Salvador Fernández Moreda; o Excmo. Alcalde de Carballo, D. Evencio Ferrero Rodríguez, entre outras autoridades.

No mesmo acto entregaronse tamén os galardons de Bergantiñán do Ano a Asociación de Enfermos de Alzhéimer “Afaber” e de Carballesa do Ano a Dª. Elena García Lorenzo integrante de diversas asociacions de carácter social e colaboradora de Proxecto Home Galicia dende fai 14 anos.

No salón de sesions do carballés non cabía nin un alfinete xa que este acto é un dos acontecementos sociais de máis relevancia do ano. Entre os asistentes atopabanse casi tódolos alcaldes e portavoces dos grupos municipais da Comarca de Bergantiños e centos de persoas vinculadas, dun xeito ou doutro, os homenaxeados.

Como destacaron as autoridades presentes nos seus discursos en La Voz de Galicia o día seguinte a entrega destos premios convirteuse nun homenaxe “ós bos e xenerosos” , dos que falaba Pondal, célebre escritor galego.

Chega a Santiago de Compostela, a través da Vía da Plata, un grupo de reclusos da Comunidade Intrapenitenciaria de Proxecto Home Galicia no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar

24 de abril de 2004

Catorce internos da Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria de Proxecto Home no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar iniciaron o 20 de abril dende Ourense unha peregrinaxe pola Vía da Plata que tivo a súa culminación en Santiago de Compostela onde acudiron a Misa do Peregrino e, rematada esta, recibiunos o Arcebispo de Santiago de Compostela, D. Julían Barrio Barrio.

Os internos viñeron acompañados por dous terapeutas de Proxecto Home, Patricia e Enrique e por tres persoas do equipo do centro penitenciario.

A súa chegada a Santiago de Compostela foron recibidos por D. Manuel Arias, Director do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e por D. Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia.

XIII Asemblea da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela

23 de abril de 2004

Como cada ano, celebrouse no salón de actos da Facultade de Medicina a XIII Asemblea xeral de socios da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia, que estivo presidida polo Presidente da Asociación D. Manuel Rodríguez Iglesias, e contou coa participación do Director de Proxecto Home Galicia D. Ramón Gómez Crespo. A esta asemblea asistiron preto de duascentas persoas en representación dos máis de 4.200 socios que ten a Asociación, repartidos por toda Galicia.

Nesta Asemblea informouse das actividades levadas a cabo pola Asociación de Familias o longo do ano 2003, facendo especial fincapé nos Pisos de Apoio, principal actividade da Asociación, e que consiste na habilitación de vivendas alternativas para aqueles usuarios de Proxecto Home Galicia que carecen dun entorno familiar, ou que se atopan en situación de exclusión social, co fin de que poidan face-lo Programa Educativo – Terapéutico Proxecto Home Galicia. Un total de 189 persoas pasaron polos pisos de apoio o ano pasado, usuarios que sen este servizo terían moi complicado o seu proceso de rehabilitación. A asociación mantén abertos Pisos en tódalas provincias de Galicia. Esta actividade supón o 95 % dos gastos da Asociación, e é a mostra do talante solidario e altruista da nosa Asociación, así como a nosa profunda crenza de que vencer a droga é posible.

O Director de Proxecto Home Galicia, informou da situación dos distintos programas terapéuticos abertos nos centros de Galicia e animou a segui-la loita contra as adiccions.

O presuposto do ano 2004 e o balance económico do exercicio 2003 foron aprobados por unanimidade.

XXII Congreso da Confederación Mundial de Comunidades Terapéuticas en Palma de Mallorca

13-17 de abril de 2004

Coincidindo co XX Aniversario da Asociación Proyecto Hombre, celebrouse en Palma de Mallorca o XXII Congreso da Confederación Mundial de Comunidades Terapéuticas, organizado pola Asociación Nacional Proyecto Hombre.

O acto de inauguración asistiu S.M. La Reina Doña Sofía, Presidenta de Honra do Congreso.

A este evento acudiu unha nutrida representación de Proxecto Home Galicia, como non podía ser de outro modo. Así viaxaron hasta Palma de Mallorca 45 persoas, 18 membros do equipo terapéutico, 27 voluntarios e o xerente do Patronato da Fundación Monte do Gozo, D. Jesús García Vázquez.

A pesares do intenso programa científico do congreso (de 09:00 h. a 19:00 h.) valeu a pena compartir a experiencia de ter cara a cara a ponentes da talla de George de Leon, James Prochaska, Jack Stein, Antonio María Costa, Baltasar Garzón, Georges Estievenart, Jan Walburg, José Luis Cañas, Ralph DiClemente, Nancy Jainchill, Elisardo Becoña...

Ademáis, dous membros do equipo terapéutico presentaron sendas comunicacions neste congreso. José Manuel González González, terapeuta do Centro de Ourense, expuxo “Contribucions Psicodinámicas o cambio Psíquico en Drogodependencias” e Ignacio Vázquez Rodríguez, Director da Comunidad Terapéutica de Alcohólicos en A Coruña, “Programa integral (educativo, terapéutico e de reinserción social) para persoas con problemas severos de dependencia alcohólica en PH Galicia”.

 

Comparecencia de D. Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia no Parlamento de Galicia

23 de febreiro de 2004

Correspondendo a invitación da Sra. Presidenta da Comisión Non Permanente Especial de Estudo e Seguemento da Loita contra o Narcotráfico en Galicia, Dª. Begoña González Loroño, D. Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia compareceu no Parlamento de Galicia ante esta Comisión para informar os seus compoñentes do funcionamiento de Proxecto Home Galicia, dos servizos que oferta e as inquietudes e proxecto de futuro desta institución.

D. Ramón Gómez Crespo, fixo un corto percorrido polos 14 anos de historia de Proxecto Home Galicia e centrouse na descripción dos recursos terapéuticos que atenden na actualidade a preto de 500 mozos e mozas na nosa comunidade autónoma, facendo especial enfase na Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar que as suas señorías conocen persoalmente.

Por outra banda, remarcou a necesidade de seguir loitando decidida e contundentemente contra os narcotraficantes incautando os seus bens e que estos revirtan no financiamiento de recursos destinados o tratamento dos toxicodependentes.

Reunión de formación do Equipo Terapéutico de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela

30 de xaneiro de 2004

Dentro do Programa de Formación Permanente do Equipo Terapéutico que está desenvolvendo a súa actividade profesional en Proxecto Home Galicia, se celebrouse en Santiago de Compostela uhna xornada de formación para os profesionais de Proxecto Home Galicia.

Pola mañá, tivo lugar unha conferencia a cargo de D. Pedro Menéndez, Médico Psiquiatra e investigador en Saúde Mental. Tamén e profesor titular de Psicoterapias da Universidade Nacional de Buenos Aires e Director do Centro de Estudos sobre Psicoterapias.

O título da conferencia, “Abordaxe holístico das drogodependencias”, deu lugar a que o conferenciante fixera un percorrido polos diferentes vértices actuais que enfocan a recuperación dos drogodependentes. A natureza do problema,as súas dificultades. Aspectos Biolóxicos-Psico-Sociais e Culturais. Criterios en uso para América Latina e Europa. As técnicas de abordaxe dende un punto de vista integrador, interdisciplinario e ecléctico.

Pola tarde, D. Adolfo Díaz del Río, Médico-Psiquiatra e D. José Manuel González González, Psicólogo e ambos membros do Equipo Terapéutico de Proxecto Home Galicia fixeron unha exposición do traballo “Contribucions psicodinámicas o cambio psíquico en drogodependencias” onde describiron a experiencia piloto levada a cabo dende marzo de 2003 ata a actualidade con pacientes de Patoloxía Dual ou con graves trastornos da personalidade en tratamento nas diferentes fases dos distintos modelos terapéuticos de Proxecto Home Galicia.

Presentou e moderou a xornada D. Ramón Gomez Crespo, quen na última parte da tarde tomou a palabra para abordar temas de tipo organizativo en relación os distintos centros de Proxecto Home Galicia.

Visita do Delegado do Gobierno para o Plan Nacional sobre Drogas a Comunidade Terapéutica Intrapenitenciaria, no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar en Ourense

21 de xaneiro de 2004

O Delegado do Plan Nacional sobre Drogas visitou a Comunidade Terapéutica que Proxecto Home Galicia xestiona no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar en Ourense. Este recurso é o único destas características na nosa Comunidade Autónoma e, actualmente, está atendendo a 40 usuarios.

Esta é a primera Comunidade Intrapenitenciaria que visita D. César Pascual Fernández dende que é Delegado do Gobierno para o Plan Nacional sobre Drogas.

D. César Pascual visitou as instalacions onde está emprazada a Comunidade Intrapenitenciaria e despois, nun sinxelo acto, escoitou as demandas dos reclusos beneficiarios deste recurso asistencial que leu un deles.

Posteriormente, desenvolveuse unha rolda de prensa na que o Delegado informou dos detalles desta visita, así como facilitu unha serie de datos extraídos da Memoria do Plan Nacional sobre Drogas.