...en 2003
 
 
 

O DOUTOR AUGUSTO VILLANUEVA DÍAZ VISITA A COMUNIDADE TERAPÉUTICA DE PROXECTO HOME GALICIA

25 de febreiro do 2003



O Dtor. D. Augusto Villanueva Díaz, colaborador dende fai anos de Proxecto Home Galicia, realizou unha visita a Comunidade Terapéutica co obxeto de poñer o servicio dos mozos e mozas que viven neste centro os seus coñecementos e tratar un tema de grande interese: "O médico frente o enfermo".

O Doutor Augusto Villanueva Díaz é profesor titular de Patoloxía Médica e especialista de Dixestivo na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Entre outros, ostentou os cargos de Presidente da Sociedade Galega de Patoloxía Dixestiva e entre as distincions e premios conseguidos: Premio Nacional de Medicina, Beca Sandoz, Premio Carolina Díaz, Premio Extraordinario de Licenciatura e Premio Extraordinario de Doutorado cum laude.

V ANIVERSARIO DA C.T. DE ALCOHÓLICOS

28 de febreiro de 2003

Como cada ano os residentes da C.T. de Alcohólicos de Proxecto Home Galicia celebraron o aniversario da súa apertura o día 28 de febreiro.

Pouco a pouco, os usuarios que van pasando por este centro van forxando a súa historia. Cinco anos de loita, cinco anos de esperanza.

Son mais de 900 persoas as que se lles ten prestado asesoramento e información, materializándose o ingreso de 250 personas. Actualmente, atópanse a tratamento 42 persoas o que significa unha ocupación plena deste recurso que, desgraciadamente, por non dispoñer de máis prazas residenciais ten durante todo o ano lista de espera. Por outra parte, nestos cinco anos 42 persoas conseguiron a alta terapéutica.

As actividades preparadas para esta celebración na que participaron os usuarios, familias, voluntarios, equipo terapéutico... consistiu nunha reunión das altas terapéuticas có Presidente do Programa, D. Ramón Gómez Crespo; unha comida de confraternidade nos locais da comunidade terapéutica e unha gala preparada polos propios residentes que se celebrou no salón de actos do Colexio das Jesuitinas, que o cederon xenerosamente para a ocasión.

EXPOSICIÓN BENÉFICA "CAMIÑANTES"

10 de marzo de 2003

O pasado 10 de marzo, inaugurouse en Santiago de Compostela a exposición de pintura "Camiñantes", do artista novel Juan Cereijo Varela. O acto de inauguración asistiron numerosas personalidades: O Excmo. Conselleiro de Sanidade, a Excma. Conselleira de Asuntos Sociais, o Excmo. Sr. Alcalde de Santiago de Compostela, o Excmo. Sr. Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña e Portavoz do Grupo Popular no Concello de Santiago de Compostela, a Directora Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia, a Tenente-Alcalde e portavoz do BNG no Concello de Santiago de Compostela, o Director Territorial de Caixa Galicia...

Esta exposición que estivo exposta durante quince días, estaba formada por 30 obras cedidas xenerosamente polo autor co obxeto de recaudar fondos, polo expreso desexo del, para contribuir o sostemento dos 10 pisos de apoio de Proxecto Home Galicia en funcionamiento actualmente.



ENTREVISTA COA NOVA CONSELLEIRA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS DA XUNTA DE GALICIA

31 de marzo de 2003

Un momento durante la reunión

Con motivo da chegada a Consellería de Asuntos Sociais da Excma. Sra. Dª. Mª José Cimadevila Cea , o Presidente de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo e o xerente do Patronato da Fundación Monte do Gozo, D. Jesús García Vázquez, mantiveron unha entrevista persoal coa titular da consellería mencionada anteriormente para informarlle dos proxectos que Proxecto Home Galicia esta desenvolvendo actualmente, así como os retos de futuro para os que se poderian establecer novas liñas de colaboración. Esta consellería manten un convenio anual coa Fundación Monte do Gozo a través do que se están a financiar 24 plazas na fase de Reinserción Social e colaborando tamén nas actividades de promoción do emprego e de formación ocupacional e profesional. O Director de Proxecto Home Galicia emplazouna, antes de terminar a entrevista, a que nun futuro próximo visite as nosas instalacions, o que a Sra. Conselleira accedeu gustosa.


VI ANIVERSARIO DA APERTURA DO CENTRO DE PROXECTO HOME GALICIA EN OURENSE

5 de abril de 2003

Reunión de las altas terapéuticas con el Presidente del Programa

Tal día coma hoxe, fai xa seis anos, Proxecto Home Galicia abriu as portas do seu centro en Ourense. Ata aquel momento, centos de mozos e as súas familias tiñanse que trasladar diariamente a Santiago de Compostela para seguir o programa de rehabilitación e reinserción social. Hoxe, neste centro, existen outros recursos que intentan ofrecer a poboación da Provincia de Ourense nunha salida a distintos tipos de adicción: programa para xoves e adolescentes, programa de ludopatías, programa de alcohol. Desenvolvese tamén dende o ano 2000 o Programa de Prevención Escolar "Entre Todos". Os actos que se prepararon para conmemorar este día foron: unha comida campestre, a xa tradicional reunión de altas terapéuticas deste centro co Presidente do Programa (na foto) e nuhna gala preparada e interpretada polas persoas que están actualmente neste centro.

XII ASAMBLEA DA ASOCIACIÓN DE FAMILIAS E AMIGOS DE PROXECTO HOME GALICIA

11 de abril de 2003

O pasado 11 de abril celebrouse a Asamblea Ordinaria Anual da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela. Os responsables da Asociación, que conta con máis de 4.000 socios, presentou os más de 500 asistentes un informe da xestión realizada ó longo do último ano, así coma os resultados económicos da Asociación referentes o exercicio 2002 e o presuposto do ano 2003.

A Asociación, na actualidade, fai distintas actividades entre as que merecen destacarse a financiación e xestión dos pisos de apoio que Proxecto Home Galicia pon a disposición das persoas que non teñen seguimento familiar. Garantiza-la calidade e continuidade deste servizo, supón un grande esforzo tanto humano coma económico para a Asociación e, polo tanto, creatividade e perseverancia para consegui-los recursos económicos necesarios para manter este recurso.

Finalmente, mencionar que se renovaron os distintos cargos na xunta directiva e chegou savia nova. Grazas a estos pola sua valentía e xenerosidade e grazas tamén os directivos saíntes pola súa entrega e solidaridade o longo destos anos.

D. JOSÉ Mª RAMOS GARCÍA (CONSELLEIRO DELEGADO DE FINSA) VISITA A COMUNIDADE TERAPÉUTICA DE PROXECTO HOME GALICIA

27 de abril del 2003

D. José Mª Ramos García, conselleiro delegado de FINSA, empresa madereira de primeira liña emplazada en Santiago de Compostela e especialista na industria forestal, achegouse a Comunidade Terapéutica para impartir, as persoas alí están ingresadas, un seminario titulado “O monte e a industria forestal. Evolución histórica”. Desta maneira, fixo un percorrido histórico dende século XIX, da evolución da paisaxe galega o longo destos anos e da relación desta coa industria forestal e madereira.

Os mozos e mozas da Comunidade Terapéutica estiveron moi interesados neste tema, xa que dentro das propias instalacions deste centro atopase unha rica variedade de árbores de grande valor.





VISITA, CON MOTIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, DE Dª Mª JOSÉ AMOR CARRERÓ Y D. MANUEL NIMO VÁZQUEZ, DIRECTORA E XEFE DE ESTUDOS, RESPECTIVAMENTE, DO I.E.S. SAN CLEMENTE

13 de maio del 2003

Nun emotivo acto os representantes do I.E.S. San Clemente de Santiago de Compostela, visitaron a Comunidade Terapéutica. Ademáis do exaltamento do Día das Letras Galegas e a proxección dun vídeo sobre a vida e obra de Antón Avilés de Taramancos, autor homenaxeado no ano 2003, tamén transmitiron ós residentes da Comunidade Terapéutica a súa solidaridade no nome de todo o claustro de profesores do Instituto.

Este centro educativo, colabora con Proxecto Home Galicia na labor educativa dos mozos e mozas que están facendo o seu proceso de rehabilitación e reinserción social nos nosos centros.

VISITA DA EXCMA. SRA. CONSELLEIRA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS DA XUNTA DE GALICIA, A COMUNIDADE TERAPÉUTICA DE PROXECTO HOME GALICIA

20 de xuño de 2003

O pasado 20 de xuño a Excma. Sra. Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Dª. Mª. José Cimadevila visitou a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia. O motivo desta visita tiña por obxeto, ademáis,a entrega de diplomas dos nove cursos de Formación Ocupacional impartidos no ano 2002 e nos que participaron preto de 140 persoas.

Como prometera durante a entrevista mantida o pasado 31 de marzo co Presidente de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo, a Excma. Sr. Conselleira, en canto as súas múltiples actividades llo permitiron, personuse na nosa Comunidade Terapéutica para coñecer “in situ” a labor desenvolta por Proxecto Home Galicia na nosa comunidade autónoma dende fai 13 anos.

A Conselleira de Asuntos Sociais acompañada por residentes de la Comunidad Terapéutica

INAUGURACIÓN DO NOVO CENTRO DE TÉCNICAS AGRARIAS NA COMUNIDADE TERAPÉUTICA DE PROXECTO HOME GALICIA

3 de xullo de 2003

Centro de Técnicas Agrarias en la Comunidad Terapéutica de Proxecto Home GaliciaO Excmo. Sr. Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, D. Juan Miguel Diz Guedes desprazouse o pasado 3 de xullio a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia para inaugura-lo novo centro de técnicas agrarias para o cal, a devandita consellería aportou 144.243 €.

Na restauración deste inmoble participaron os residentes da Comunidade Terapéutica participantes nos Cursos de Formación Ocupacional de albanilería, cantería, carpintería, etc.

Entrega de diplomas de los cursos de capacitación laboralAsemade, durante a visita do Excmo. Sr. Conselleiro, fixose o acto de entrega de 165 diplomas a participantes nos cursos de capacitación laboral impartidos nos anos 2001, 2002 e 2003.

A colaboración da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenrolo Rural con Proxecto Home Galicia remontase o ano 1998 cando se asina un convenio de colaboración co obxeto de poñer en funcionamiento un proxecto de formación ocupacional, pioneiro en España, no marco dun programa de rehabilitación de toxicómanos, mellorando sensiblemente as posibilidades de reinserción laboral dos beneficiarios, o mismo tiempo facilitaselles un campo de acción con inestimable potencia de crecemento.

El Excmo. Sr. Conselleiro y el Presidente de Proxecto Home Galicia, cortan la cinta inauguralEste proxecto nun principio pretende formar os residentes da comunidade terapéutica nos seguintes contidos: Iniciación a Hortofructicultura, Cultivos intensivos baixo cuberta, Instalacions para o cultivo da horta e flor baixo plástico e técnicas de rego e fertilización en invernadeiros e montaxe dos mismos.

Así, no ano 1999 iniciase, coa colaboración desta consellería, a construcción de 5 invernadeiros de 40 x 8 metros e dun sementeiro.

A finalidade deste convenio era, por unha banda, mellorar a xestión e control técnico-administrativo dos campos de ensaio e experimentación dirixidos a hortofructicultura e outras produccions de carácter alternativo que a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia ten na Comunidade Terapéutica “As Cernadas” no concello coruñes de Val do Dubra e, por outro lado, levar a cabo actividades formativas nestas materias co fin de mellorar a capacitación laboral e a incorporación a reinserción laboral na actividade agraria.

Para garantir a consecución destes obxetivos programaronse diversas actividades que se están desenrolando dende o ano 1998: posta en funcionamiento de campos de ensaio e organización de cursos de capacitación profesional, impartidos por técnicos da consellería.


















XORNADA DE FORMACIÓN DO EQUIPO TERAPÉUTICO

2 de xullo de 2003


No marco das actividades encamiñadas a formación permanente do Equipo Terapéutico, celebrouse na Comunidade Terapéutica unha xornada formativa na que participaron tódolos membros do Equipo Terapéutico que desenvolven a súa actividade profesional nos distintos recursos terapéuticos de Proxecto Home Galicia.














Visita dun grupo de voluntarios e membros da Directiva da Asociación de Familias do Centro de Solidariedade de Braga (Portugal) o Centro de Acollida de Santiago e a Comunidade Terapéutica

9 de xullo de 2003


Unhas trinta persoas do Centro de Solidariedade de Braga (Portugal) acompañados polo Presidente deste Programa, D. Anselmo Sousa, visitaron a Acollida de Santiago de Compostela e, posteriormente, trasladáronse a Comunidade Terapéutica de “As Cernadas”.

Tras o obrigado percorrido polas instalacións o grupo reuniuse cunha representación da Xunta Directiva da Asociación de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia e dos voluntarios que participan nas diferentes actividades para intercambiar experiencias e información.

Despois, xa cos residentes da Comunidade Terapéutica presentes, o grupo portugués agradeceu a acollida dos nosos mozos e mozas interpretando varias cancions típicas portuguesas.

D. Luís Pasín imparte un seminario sobre “Visión da política actual” os usuarios da Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia

29 de xullo de 2003


Dentro da oferta cultural que Proxecto Home Galicia ofrece os usuarios dos seus centros, son de destacar os seminarios temáticos que mensualmente se celebran na Comunidade Terapéutica.

Estos seminarios pretenden achegar os usuarios deste centro a visión de personaxes da nosa sociedade que destacan en distintos eidos.

Este é o caso de D. Luís Pasín, político vinculado o Concello de Santiago de Compostela dende o inicio da democracia.



Visita de Dona Corina Porro ó Centro de Proxecto Home Galicia de Vigo

31 de xullo de 2003

Con obxeto de visitar as instalaciones que se adicarán en Vigo a un Programa para toxicómanos diagnosticados con Patoloxía Dual, Dona Corina Porro comprobou“in situ” o estado das obras que se están a realizar.

Estas obras iniciaronse gracias a un convenio de colaboración coa Consellería de Asuntos Sociais, cando Dona Corina Porro era Conselleira. Por medio deste convenio, rehabilitouse unha das prantas do edificio, quedando todavía tres sen rematar debido a falta de financiación. A ex–conselleira que sempre mostrou un grande interese por este proxecto, que será pioneiro en Galicia, se finalmente se pon en marcha, manifestou a súa satisfacción polos resultados do traballo feito e ofreceu o seu apoio para que este programa se convirta nunha realidade nun futuro próximo. Antes de abandonar o centro mantivo un encontro informal cos usuarios do centro, familias, equipo terapéutico e voluntarios













Visita do Excmo. Sr. Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, D. José Manuel Barreiro Fernández, a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en As Cernadas, Val do Dubra.

21 de Agosto de 2003

O Conselleiro de Medio Ambiente, D. José Manuel Barreiro Fernández achegouse a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia con obxeto de coñecer a realidade do traballo que se desenvolve neste centro dende o ano 1990.

Despois de facer un percorrido polas instalacions o Conselleiro reuniuse cos usuarios que actualmente residen no centro para intercambiar opinions e coñecer a experiencia que viven neste momento do proceso terapéutico.

Ademáis, manifestaron un grande interese polas posibilidades do entorno en que se atopa emprazada a C.T. e tanto o Conselleiro como o Director de Proxecto Home Galicia, Don Ramón Gómez Crespo, creen viable estabrecer unha liña de cooperación entre ambas institucions.

Visita do Excmo. Sr. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, D. Celso Currás, a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia

29 de Agosto de 2003

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven colaborando con Proxecto Home Galicia dende, prácticamente, os seus inicios. Esta colaboración traducese na realización de distintas accions encamiñadas a formación de adultos, disponibilidade de mestres da consellería en comisión de servizos en Proxecto Home Galicia (neste momento 3), formación do profesorado no Programa de Prevención Escolar “Entre Todos” que desenrola Proxecto Home, promoción da lingua galega, etc.

Así pois, a primeira visita que fai o Sr. Conselleiro de Educación é un momento moi significativo dentro da historia da Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia.

Despois de percorrer as instalacions, o Sr. Conselleiro manifestou un grande interese por mantener una reunión co equipo terapéutico-formativo deste centro e, ainda que esta non estaba programada, extendeuse durante máis de media hora interesándose polo funcionamento do centro e polas actividades tanto terapéuticas como formativas que se desenvolven na Comunidade Terapéutica.

Finalmente, nun sinxelo acto no salón do centro falou cos usuarios do mesmo, os que tiveron a oportunidade de manifestarlle as suas inquietudes e experiencias.

Visita do Excmo. Sr. Alcalde de Carballo, D. Evencio Ferrero Rodríguez, a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en As Cernadas

5 de Setembro de 2003



D. Evencio visitou por primeira vez as instalacions da Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia pola que teñen pasado un nutrido número de mozos e mozas da Comarca de Bergantiños, da que Carballo é capital. Desgraciadamente, é unha das zonas máis afectadas pola lacra da droga.

O Sr. Alcalde visitou toda-las instalacions quedando gratamente sorprendido polo traballo desenrvolto neste centro tanto a nivel terapéutico como educativo.

















XII Festa da Solidaridade de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela

13 de Setembro de 2003

Como cada ano é tradicional, e organizada pola Asociación de familias e Amigos de Proxecto Home Galicia, celebrouse na Carballeira de San Lourenzo en Santiago de Compostela a XII Festa da Solidaridade de Proxecto Home Galicia.

Os actos iniciaronse as 11:45 da mañá cunha concentración na emblemática Praza do Obradoiro para acudir, a continuación, a Misa do Peregrino na catedral compostelana.

As 14:00 h. as máis de 2.000 persoas asistentes compartiron unha comida na que se puideron degustar exquisitos manxares traidos polas familias dende tódolos puntos da xeografía galega.

Despois da comida, os mozos e mozas dos distintos centros representaron cortos teatrais e outras escenificacions que fixeron as delicias dos asistentes.

Non quixo faltar a esta cita o Excmo. Alcalde de Compostela, D. Xosé Manuel Sánchez Bugallo, que acompañado pola Concelleira de Servicios Sociais, Dª. Adelaida Negreira fixeron un oco nas súas múltiples ocupacions para achegarse un momentiño a nosa festa.

Especialmente emotiva foi a participación dunha grande persoa, actor e cómico e, sobre todo, amigo de Proxecto Home Galicia, D. José Luís Bernal, alias “Farruco”.

Tamén estivo presente un grupo do Centro de Solidariedade de Braga (Portugal) co seu Presidente, Anselmo Sousa, a fronte.

Outro momento para recordar con agarimo foi a nutrida participación de nenos e nenas, fillos e fillas de mozos e mozas rehabilitados o longo destes anos en Proxecto Home Galicia, que como se pode observar na foto, son xa un feixe..

Gran ambente cheo de solidariedade, lembranzas e, sobre todo, esperanza.

Grazas a todos un ano máis pola vosa presencia e apoio.

Visita de D. José Luís Méndez López, Director Xeral de Caixa Galicia, a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia

27 de Outubro de 2003

O Director Xeral de Caixa Galicia, D. José Luís Méndez López, visitou as instalacions da Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en As Cernadas (Val do Dubra).

Estivo acompañado por D. Dictino Maceira, Director Territorial da entidade financiera e por D. Vicente Iglesias Martelo, Subdirector da Obra Social de Caixa Galicia e patrono da Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia dende o ano 1990.

O motivo desta visita, non foi outro que o interese de D. José Luís Méndez por coñecer de preto o traballo que ven desenvolvendo Proxecto Home en Galicia dende fai máis de 13 anos e o que Caixa Galicia ven apoiando económicamente dende os seus inicios.

Despois de visita-las distintas instalacions participou nun sinxelo acto no salón do centro con tódolos usuarios deste servicio. Nas palabras que lles dirixiu animounos a continuar có traballo que veñen facendo e mostroulles tamén a súa admiración polas actividades desenroladas polas instalacions da Comunidade Terapéutica.

Antes de remata-la súa visita, D. José Luís fixo entrega o Xerente do Patronato da Fundación Monte do Gozo, D. Jesús García Vázquez, da colaboración de Caixa Galicia para o ano 2003.

Seminario sobre Tabaquismo na Comunidade Terapéutica a cargo de D.Elisardo Becoña.

4 de Novembro de 2003



Dentro das actividades Formativas organizadas por Proxecto Home Galicia para os usuarios de Comunidade Terapéutica enmarcouse este seminario. Estas actividades tratan de profundizar en temas de interese para os mozos e mozas deste centro e van dende os puramente formativos e culturais os temas relativos á saude, o deporte, a política, etc...

Apertura dun Centro de Acollida Inmediata, Evaluación e Diagnose de Proxecto Home Galicia en Pontevedra.

12 de Novembro de 2003

Con gran ilusión abriuse un novo centro de Proxecto Home Galicia na ciudad de Pontevedra.
Este novo recurso, que se atopa na Rúa Joaquín Costa 64 é un inmoble cedido polo Arzobispado de Santiago de Compostela, abre novas expectativas a usuarios que opten por abandona-la súa adicción nun programa libre de drogas e no que se desenrola a metodoloxía de Proxecto Home.

Cun sinxelo acto no que estiveron presentes os medios de comunicación, presentouse a sociedade pontevedresa este novo recurso que facilitará o acceso a un programa de rehabilitación a persoas desta zona tan afectada por problemáticas relacionadas coas adicciones as drogas, o alcohol, xogo, etc...

O equipo terapéutico, composto en principio por catro terapeutas (na foto co Director de Proxecto Home Galicia, D. Ramón Gómez Crespo) atenderán en réxime residencial a 20-25 usuarios.

Nos primeiros días de actividade do centro empezaránse a producir os primeros ingresos o que é altamente gratificante e motivador.Os 15 días xa eran oito as persoas que se estaban beneficiando deste recurso terapéutico.

O Excmo. Sr. Alcalde de Vilagarcía de Arousa visitou a Acollida de Santiago e a Comunidade Terapéutica de As Cernadas en Val do Dubra.

13 de Novembro de 2003


O Excmo. Sr. Alcalde de Vilagarcía de Arousa D. Joaquín Gago López e a Concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo Dª. Silvia Rubianes Meléndez visitaron estos centros de Proxecto Home Galicia.

O Concello de Vilagarcía de Arousa ven colaborando con Proxecto Home Galicia dende que se implantou un Piso de Información, Orientación e Apoio nesta vila.

Despois de percorrer as instalacions compartiron mesa e mantel cos usuarios da Comunidade Terapéutica onde tiveron ocasión de coñecer as súas impresions e inquietudes.

Visita da Comisión Permanente para o Estudo e Seguimento do Narcotráfico en Galicia do Parlamento de Galicia.

21 de Novembro de 2003

Encabezada pola sua presidenta Dª Beatriz González Loroño a práctica totalidade desta comisión achegouse a Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en As Cernadas, Val do Dubra, para coñecer de preto o traballo que desenrola Proxecto Home Galicia.

Non é esta a primeira vez que esta comisión visita estas instalacions e, en todo caso, é de agradecer o seu interese pola labor terapéutica que Proxecto Home Galicia realiza no campo da drogodependencia dende fai 14 anos.

Unha vez visitadas as instalacions reunieronse cos mozos e mozas deste centro onde lles informaron do cometido da Comisión no Parlamento de Galicia.

Xornada de Formación de Voluntarios que colaboran en Proxecto Home Galicia

22 de Novembro de 2003

A xornada iniciouse no Auditorio de Galicia cunha conferencia a cargo de Dª. Begoña del Pueyo e D. Alejandro Perales titulada “Medios de comunicación e drogodependencias. O que se di e o que se entende” como unha actividade deo Programa de Formación Permanente do Voluntariado que Proxecto Home Galicia desenrola cada curso.

Dª Begoña del Pueyo é periodista e actualmente é Directora Adxunta do programa “Protagonistas” de Onda Cero que dirixe Luís del Olmo.

D Alejandro Perales é tamén periodista é ademáis preside a Asociación de Usuarios de Comunicación, compatibilizando este traballo coa docencia en distintas universidades.

A continuación o grupo composto por máis de duascentastrinta persoas compartiron unha comida na Comunidade Terapéutica elaborada con moito agarimo polos mozos e mozas deste centro.