...en 2002
 
 
 
COMITÉ GALEGO PRO-NOBEL DA PAZ A D. BALTASAR GARZÓN REAL

O pasado 31 de xaneiro presentouse o Comité do Premio Nobel da Paz , con sede en Oslo, a candidatura do premio Nobel da Paz 2002 para D. Baltasar Garzón Real.

Esta iniciativa foi encabezada pola asociación Latinoamericana de Dereitos Humanos con sede en Quito (Ecuador) e pola fundación de Artistas e Intelectuais polos Pobos Indixenas de Iberoamerica.

Estas entidades argumentan a sua proposta en que D. Baltasar Garzón Real, sentou un precedente histórico na loita contra a impunidade, a defensa dos dereitos humanos e en pro do establecemento da Corte Penal Internacional.

Avalan esta candidatura diversas personalidades e entidades, a nivel nacional: Federico Mayor Zaragoza, Manuel Vázquez Montalbán, Jorge Valdano, Luis Eduardo Aute, Ana Belén, Victor manuel, Rigoberta Menchú... etc.

O Sr. Garzón, dende a Audiencia Nacional promove, ademáis, a loita contra diversas formas de corrupción, tráfico de influencias, enriquecemento ilícito, blanqueo de capitaiss, narcotráfico e, especialmente, a loita contra os clanes da droga, ...

No mes de febreiro constituese o COMITÉ GALEGO PRO-NOBEL DA PAZ A D. BALTASAR GARZÓN REAL, integrado por: Proxecto Home Galicia, Seminario Galego de Educación para a Paz, Desperta-Cambados, Fundación Galega contra o Narcotráfico e Bemposta-Nación de los Muchachos, que o longo destos meses foi presentando esta candidatura polas principais cidades galegas.


ADHESIONS

Actualmente, a candidatura de D. Baltasar Garzón atopase seleccionada entre 6 candidatos, de 151 que se presentaron nun principio. É importante, pois, que se queres apoiar esta candidatura o fagas antes do 15 de xullo:

· Por fax, por correo ordinario ou por correo electrónico, cumprimentando este documento e enviándoo a:

Proxecto Home Galicia - Campillo de San Francisco 5 - 15705 Santiago
Fax.: 981 573 606 E-Mail: fmg@proxectohome.org

AYUNTAMIENTO DE TORRES
Plaza de España Nº1
Jaén- 23540.
Tel .953 363011
Fax 953 363150
F.A.I.P.I.I.
Escorial 16 2ºB
28004-Madrid
Tel. 91 5230951
Fax 91 5232943
A.L.D.H.U.
Asociación Latino
Americana por los
Derechos Humanos
Rumipamapa 862
Tel. 593 2 920260
Fax 593 2 921330
· Directamente a través do correo electronico en:

adrifun@lander.es
nobelpaz@edicionesdelatierra.com
aldhu@interactive.net.ec
nobelpaz@wanadoo.es

 

VISITA DO PRESIDENTE DE COGAMI, D. DOMINGO DOSIL A PROXECTO HOME GALICIA

Recentemente, representantes da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) visitaron as instalacions da Comunidade Terapéutica de Proxecto Home Galicia en Cernadas (Val do Dubra).

O motivo desta visita foi con obxeto de que ambas entidades conozan en profundidade as actividades que están realizando, cada unha no seu ámbito, para establece-las líñas de colaboración nun futuro.

 

A CONSELLEIRA DE FAMILIA ENTREGA EN LUGO OS DIPLOMAS OS PARTICIPANTES NO CURSO DE CARPINTERÍA

Dª. Manuela López Besteiro, Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, fixo entrega dos titulos acreditativos os participantes no Curso de Formación Profesional, na Especialidade de Carpinteiro, que se celebrou o pasado ano no Centro de Proxecto Home en Lugo. O acto asistiu tamén a Delegada da Consellería en Lugo.


SEMINARIOS FORMATIVO-CULTURALES NA COMUNIDAD TERAPÉUTICA

Unha das principais características de Proxecto Home Galicia é a abordaxe integral que se fai da problemática das adiccions.

Dende esta perspectiva, daselle máxima prioridade a fomentar actividades que faciliten a formación das persoas a tratamento nos nosos Programas.

Nesta liña, veñense celebrando, o longo de todo o ano, na Comunidade Terapéutica uns seminarios formativos-culturais impartidos por distintas personalidades do mundo da arte, da política, do deporte, das ciencias, e dos medios de comunicación, etc., que a sua vez teñen a oportunidade de coñecer "in situ" a realidade e o traballo de Proxecto Home Galicia.

O último ilustre invitado a estas charlas-coloquio foi D. Luis Tojo Ramallo, Concelleiro do Concello de Santiago de Compostela que non sólo espuxo un tema moi interesante relacionado con esta maravillosa cidade, senón que tamén compartiu "mesa e mantel" cos residentes internos na Comunidade Terapéutica.