Asociación de familias
Servicios
de Axuda Solidaria (SAS)
A asociación de familias e amigos de
Proxecto Home en Galicia puxo en marcha os servizos de axuda solidaria
concebidos coma unha forma máis de apoio voluntario e desenrolo
da labor que ven desempeñando Proxecto Home Galicia.
A súa misión principal é afrontar situacions
concretas de dificultade que poidan estar vivindo aqueles que se achegan
ó noso centro ou que xa están nél, tanto de tipo organizativo
ou persoal, ademáis de prestar servizos de voluntariado na
estructura do programa.
Apoio
e seguimento Xurídico
Membros da Asociación teñen encomendada
a labor de información e sensibilización a nivel xudicial
(dando a coñecer Proxecto Home) e de Centros Penitenciarios (intentando
a excarcelación e entrada en Proxecto Home Galicia dos reclusos
que queiran rehabilitarse).
Asemade entrase en contacto con Institucions
Públicas no suposto de solicitude de indultos.
Pisos
de Información, Orientación e Apoio
Coa posta en marcha destos pisos pretendese:
· Prestar atención directa as persoas afectadas polo problema da drogodependencia.
· Orientar e apoiar a todas elas de cara o inicio do seu proceso
de rehabilitación e reinserción social en Proxecto Home
Galicia.
· Dar una información clara e directa das posibilidades
que ofrece Proxecto Home Galicia como programa de Rehabilitación
e Reinserción Social de Toxicómanos.
· Achegar máis o noso servizo e mensaxe ós afectados
para vencer medos e reticencias a iniciar un proceso de rehabilitación
e reinserción social.
· Crear un nivel de sensibilización social suficiente
e preciso para que, nun futuro próximo sexan viables as aperturas
de novos centros de Proxecto Home en Galicia.
Na actualidade, a Asociación de Familias
e Amigos de Proxecto Home Galicia ten en funcionamiento pisos de información
en:
· Pontevedra
· Vilagarcía de Arousa
· Ferrol
· Burela
Pisos
de Apoio a usuarios de Proxecto Home Galicia
O programa terapéutico de Proxecto Home
Galicia, asentase sobre tres pilares básicos, un deles
é a familia, sen a que se dificulta ó proceso de crecemento que
ten que facer a persoa dentro do programa. Dende que empezou
o noso traballo en Galicia, observamos como unha necesidade prioritaria,
buscar alternativas para todos aqueles residentes que non tiviesen un
entorno familiar estable e positivo, ou ben, simplemente careceran
del. Ante esta realidade e tendo en conta que o programa
educativo-terapeutico de Proxecto Home basase na solidaridade, se
viuse preciso atopar alternativas para estos residentes. Os
pisos de Apoio non forman parte da terapia en sí, sienón que
é unha resposta solidaria que se ofrece dende a Asociación
de Familias e Amigos de Proxecto Home Galicia para estes residentes
que doutra forma poderían ver cortadas as suas posibilidades de rehabilitación.
Ésta é unha alternativa importante para mozos y mozas sen ámbito
familiar. A finalidade en sí é crear un ambente familiar dentro
dos pisos para que estos se convirtan nun sustituto da familia
de cara a facilitarlo proceso terapéutico en Proxecto Home.
Na actualidade a Asociación de Familias
e Amigos do Proxecto Home Galicia xestiona directamente un total de
6 Pisos de Apoio, asumindo a totalidade dos gastos derivados do
seu mantemento, dos que dous están sitos en Santiago
de Compostela, prestando os seus servizos ó Centro de Proxecto Home de
Santiago, outros dous en Lugo, que apoia o Centro de P.H. desa mesma
cidade, ademáis conta con 1 Piso de Apoio na ciudade de Vigo
e outro máis en Ourense, que prestan os seus servizos ós centros
das mencionadas cidades.
|