20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

Actos
---



XXIV Festa da Solidariedade

Data: 12/09/2015
Hora: 10:00
Lugar: Praza do Obradoiro - Multiusos do Sar

Esta vixésima cuarta edición, terá lugar en Santiago de Compostela e ten unha relevancia moi especial ao coincidir co XXV Aniversario de Proxecto Home Galicia.

Grazas á inestimable colaboración do Excmo. Concello de Santiago, desenvolverase no
Multiusos “Fontes do Sar”.

 
A data da festa é o 12 de Setembro e o programa de actividades para este día é o seguinte:


10:00    Concentración no Monte do Gozo e andaina ata de Santiago de Compostela
11:30    Encontro na Praza do Obradoiro, benvida e lectura do manifesto
12:00    Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela e ofrenda ao Apóstolo
14:00    Xantar compartido no Multiusos “Fontes do Sar” COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS
15:00    Xogos para os nenos asistentes
15:30    Proxección de vídeos do XXV Aniversario de Proxecto Home Galicia
16:00    Actuación de Manuel Lassa (ex cantante de “Los Tamara” e de “Los Duendes”, acompañado ao piano por Alfonso Galbán (ex director de “Los Duendes”)
16:30    Actuación de Sonia Lebedynski (interprete galega de música folk)
18:30    “Zafarrancho” ecolóxico e fin de festa

IMPORTANTE:
Haberá servizo de autobús dende os distintos centros de Proxecto Home Galicia. Terá un custo de 10,00 € por persoa. Animámosvos a todos a empregar este servizo, posto que facilitara o acceso ao Multiusos “Fontes do Sar”. É necesario que vos inscribades nos distintos centros para o uso do autobús. (Se non se completa o autobús non se poderá contratar o servizo). Para máis información poñédevos en contacto con calquera dos centros de Proxecto Home Galicia:
  • Santiago: Rúa Cottolengo 2 ** Tlf. 981 573 020
  • Vigo: Avda. Ramón Nieto 245 ** Tlf. 986 374 646
  • Ourense: Pazo de Guizamonde s/n ** Tlf. 988 371 192
  • Lugo: Rúa Miño 14, Baixo ** Tlf. 982 202 693
  • A Coruña: Rúa Ocaso 2 – Bastiagueiro – Perillo (Concello de Oleiros) ** Tlf. 981 295 432
  • Pontevedra: Rúa Joaquín Costa 64 ** Tlf. 986 855 151


FOTO


 

.

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020