19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

Actos
---



XXIII Festa da Solidariedade

Data: 13/09/2014
Hora: 11:30
Lugar: Praza do Quintana - Multiusos do Sar

A data da festa é o 13 de Setembro e o programa de actividades para este día é o seguinte:

11:30    Concentración na Praza da Quintana de Santiago de Compostela
12:00    Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela
14:00    Xantar conxunto no Pavillón Multiusos do Sar (Santiago de Compostela)

COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS

15:30    Representacións artísticas por parte dos usuarios/as dos distintos centros.
              Homenaxe ao voluntariado

18:00    Recollida e fin de festa

Coma sempre, escusamos dicirvos a importancia de que: familias, amigos, terapeutas, socios colaboradores, voluntarios, altas terapéuticas...... ¡QUE NON FALTE NINGUÉN!

IMPORTANTE: Haberá servizo de autobús desde os distintos centros de Proxecto Home Galicia para asistir a Festa da Solidariedade. Este servizo terá un custo de 10,00 €, debido a que a situación económica da Asociación non permite asumir a totalidade do custoso gasto de transporte ata Santiago. Animámosvos a todos a empregar este servizo, posto que facilitaría moito o acceso ao Pavillón Multiusos de Sar, xa que despois do acto no centro de Santiago recolleravos alí para levarvos ao Multiusos. É necesario que vos inscribades nos distintos centros para o uso do autobús (Se non se completa o autobús non se poderá contratar o servizo). Para máis información poñédevos en contacto con calquera dos centros de Proxecto Home Galicia.


FOTO


 

.

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020