19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

Actos
---



VI EXPOSICIÓN “ARTE E SOLIDARIEDADE”

Data: 11/12/2013
Hora: 20:00
Lugar: Centro de Proxecto Home en Santiago (Rúa Cottolengo 2)

Por sexta vez en vinte e tres anos a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home promove a Exposición “Arte e Solidariedade”, en beneficio dos centos de mozos e mozas que, grazas a iniciativas como a presente, poderán continuar sen sobresaltos os seus procesos de rehabilitación nos diferentes centros que Proxecto Home mantén abertos nas catro provincias galegas. Ademais por primeira vez podémolo facer nun centro de titularidade propia, por mor da actitude implicada do Concello de Santiago de Compostela e das achegas xenerosas da Fundación Amancio Ortega.

En momentos de crise coma o presente, no que se reducen considerablemente as contribucións públicas a servizos para a sociedade tan elementais como o que é obxecto dos nosos desvelos cada día, agrada comprobar a sensibilidade humana de persoas coma Sylvie Lerat, que sabe conxugar perfectamente as súas capacidades artísticas innegables coa querencia solidaria cara a quen ten por diante o reto inconmensurable de refacer desde a nada as súas vidas rotas; pois todo o derivado da venda dos 28 cadros desta exposición converterase en apoio directo ao traballo realizado nos centros de Proxecto Home Galicia.

A exposición permanecerá aberta dende o 11 de decembro de 2013 ata o 7 de xaneiro de 2014.

Toda a obra é doada xenerosamente por Sylvie Lerat como a súa contribución solidaria a Proxecto Home Galicia.

Máis información:
                www.sylvielerat-artistaypintora.com



Enlace web:
web Galeria

 

.

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020