22/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

Actos
---



XXI Festa de Solidariedade

Data: 08/09/2012
Hora: 11:45
Lugar: Centro de Proxecto Home en Santiago - Multiusos do Sar

A data da festa é o 8 de Setembro e o programa de actividades para este día é o
seguinte:


11:45 Concentración no Centro de Proxecto Home en Santiago de Compostela Rúa Cottolengo 2 (ás costas do Hipercor)
12:15 Recibimento das autoridades
12:30 Percorrido polas instalacións
13:00 Saúdo e intervención das autoridades
14:00 Xantar conxunto no Pazo Multiusos do Sar (Santiago de Compostela)

COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS

15:30 Representacións artísticas por parte dos usuarios/as dos distintos centros
18:00 Recollida e fin de festa

Coma sempre, escusamos dicirvos a importancia de que : familias, amigos, terapeutas, socios colaboradores, voluntarios, altas terapéuticas...... ¡QUE NON FALTE NINGUÉN!

IMPORTANTE: Haberá servizo de autobús desde os distintos centros de Proxecto Home Galicia para asistir a Festa da Solidariedade. Este servizo terá un custo de 10,00 €, debido a que a situación económica da Asociación non permite asumir a totalidade do custoso gasto de transporte ata Santiago. Animámosvos a todos a empregar este servizo, posto que facilitaría moito o acceso ó Pazo Multiusos de Sar, xa que despois do acto no centro de Santiago recolleravos alí para levarvos ao Multiusos.É necesario que vos inscribades nos distintos centros para o uso do autobús. Para
máis información poñédevos en contacto con calquera dos centros de Proxecto Home Galicia
(consultar apartado CENTROS nesta web).


FOTO


Documentación:

doc Mais información e Mapa orientativo

 

.

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020