20/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

Actos
---



PROXECTO HOME GALICIA GALARDONADO CO III PREMIO “DEREITOS HUMANOS”

Data: 20/01/2012
Hora: 19:00
Lugar: Salón Nobre do Reitorado da Universidade de Santiago

PROXECTO HOME GALICIA GALARDONADO CO III PREMIO “DEREITOS HUMANOS” OUTORGADO POLO COLEXIO DE AVOGADOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O acto de entrega terá lugar o vindeiro venres, 20 de xaneiro, ás 19:00 h. no Salón Nobre do Reitorado da Universidade de Santiago

No comunicado emitido polo Colexio de Avogados fai mención aos motivos polo que deciden outorgar a Proxecto Home Galicia este premio:
«Recae esta importante distinción na institución de Proxecto Home. !so polo labor desenvolvido durante moitos anos, na reinserción e rehabilitación de persoas drogodependentes. Os avogados somos firmes defensores da reinserción das persoas, sobre todo daquelas que nalgún momento caeron na eiva da drogas. Institucións como Proxecto Home, aínda en épocas de  poucos recursos, como a actual, son indispensables para conseguir tales fins. É un medalla tamén outorgada a todas as persoas anónimas que colaboran con Proxecto Home, así como ás propias persoas que pasaron polos diversos centros, así como as que permanecen hoxe en día, sacrificándose coa intención de volver ser cidadáns libres».



 

.

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020