19/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

Actos
---



XX Festa da Solidariedade

Data: 10/09/2011
Hora: 11:00
Lugar: Praza do Obradoiro - Multiusos do Sar

A data da festa é o 10 de Setembro e o programa de actividades para este día é o seguinte:

11:00  Concentración na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela
12:00 Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela
14:00 Xantar conxunto no Pazo Multiusos de Sar (Santiago de Compostela)

 COMO TODOS OS ANOS HABERÁ VENDA DE REFRESCOS

15:30 Representacións artísticas por parte dos usuarios/as dos distintos centros
18:00 Recollida e fin de festa.

Coma   sempre,   escusamos   dicirvos   a   importancia   de que: familias,   amigos, terapeutas, socios colaboradores, voluntarios, altas terapéuticas...... ¡QUE NON FALTE NINGUÉN!


IMPORTANTE: Haberá servizo de autobús desde os distintos centros de Proxecto Home Galicia para asistir a  Festa da Solidariedade. Este servizo terá un custo de 10,00 €, debido a que a situación económica da Asociación non permite asumir a totalidade do custoso gasto de transporte ata Santiago. Animámosvos a todos a empregar este servizo, posto que facilitaría moito o acceso ó Pazo Multiusos de Sar, xa que despois da misa, os autocares nos recollerían en Xoán XXIII (a 200 metros do Obradoiro). É necesario que vos inscribades nos distintos centros para o uso do autobús. Para máis información poñédevos en contacto con calquera dos centros de Proxecto Home Galicia (consultar apartado CENTROS nesta web).

FOTO


Documentación:

doc Mais información e Mapa orientativo

 

.

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020