18/11/2017
Inicio   |    Presentación   |    Misión, Visión e Valores   |   Centros    |    Colabora   |    Contacto   
galego castellano
   PROXECTO HOME GALICIA
 

Actos
---



Teatro Solidario

Data: 25/05/2011
Hora: 21:30
Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela

O mércores 25 de maio, as 21.30 horas, a compañía de teatro “ARTías” porá en escena a obra “8 mulleres” no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Esta función ten carácter solidario.
A entrada será gratuita pero recolleranse donativos voluntarios destinados o Proxecto Home.

ARTías Teatro é unha nova compañía fundada no ano 2010 por un grupo de afeccionadas ao teatro. A amizade, o gusto polo teatro e a participación cidadá solidaria uniron ao grupo. Por iso, esta Asociación dedica os beneficios obtidos nas súas actividades á axuda a colectivos desfavorecidos.
A elección desta obra ten que ver co seu carácter feminino e coral.  
Ningunha das mulleres é protagonista absoluta senón que diríamos que todas o son..

A OBRA
TÍTULO: 8 mulleres
AUTOR: Robert Thomas
SINOPSE
Nun xeito de parodia das vellas novelas de intriga, o argumento comeza de maneira convencional, incluso previsible, pero pouco a pouco descubrirase o verdadeiro carácter das personaxes. Nunha mansión da campiña francesa,
nunhas vacacións de Nadal, nos anos 50, oito mulleres permanecen incomunicadas a causa dun temporal de neve. Prodúcese un asasinato. As oito mulleres son a esposa, dúas fillas, a sogra, a cuñada, dúas criadas e a irmá
do falecido. Cada unha de elas ten un segredo que podería ser o móbil do asasinato. Todas son sospeitosas. Resolvelo é vital, pois calquera de elas pode ser a asasina e volver actuar.
Este é o punto de partida desta obra de Robert Thomas, na que se mesturan misterio, drama e humor a partes iguais.
Duración. 90 minutos

REPARTO (por orde de aparición):
Avoa - Concha Losada
Luísa - Chusa González
Susi - Xoana Pintos
Xela - Isabel Méndez
Sra. Carme - Suli de la Peña
Lilucha - Charo Babío
Catuxa - Elena Quintela
Camila - Sonia Barros

DIRECCIÓN:  Daniel Baamonde
Auxiliar de dirección: Mª Esther Hervés

FICHA TÉCNICA
ESCENOGRAFÍA, VESTIARIO: Deseño e realización: ARTías MAQUILLAXE E PEITEADO:
Sonia Barros TRADUCIÓN E ADAPTACIÓN: ARTías



 

.

[ ATRÁS ]

 

 

          













 


©2007 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia - Rúa do Cottolengo, 2 15702 TEL: 981572524 - 981573020